ACSUG: Informe de seguimento



Calendario 2016/2017 + Horario Grupos + Exames


Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ACTIVIDADES
  • Do 10/03/2017 ao 03/04/2017
  • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentan esta convocatoria co obxectivo de contribuír á difusión da figura da actriz María Casares e impulsar a relación do alumnado e a profesión escénica de Galicia, así como fomentar a súa futura incorporación ao sector profesional.
  • BASES
  • Contexto cartas

  • BASES


    I.- Participantes.
    Poderán participar na presente convocatoria todos os/as alumnos/as da ESAD de Galicia, matriculados no curso 2016-2017.
    Queda excluído o persoal que desempeñe a súa actividade laboral na ESAD de Galicia.
    O alumnado estranxeiro que participe no proxecto gañador deberá estar en posesión dos correspondentes permisos de estadía ou residencia no noso país.
    Este traballo poderá ser presentado como TFE nas convocatorias de avaliación de xuño e/ou xullo de 2017. Poderán ser avaliados no TFE con este proxecto a totalidade do alumnado participante ou unha parte dos mesmos segundo o procedemento ordinario desta materia.


    II.- Propostas.
    O alumnado participante presentará un proxecto de creación e produción vinculado a Cartas do exilio –volume que conserva a relación epistolar mantida entre a actriz María Casares e o seu pai Santiago casares Quiroga-, baixo a colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dentro do seu programa de actividades paralelas dos XXI Premios de Teatro María Casares dedicadas á memoria, difusión e reivindicación da figura da citada actriz.
    O material de traballo poderase descargar na páxina web da ESAD de Galicia, ou recollerse na conserxería do centro.


    III.- Presentación de solicitudes.
    Os interesados deberán presentar a súa solicitude na secretaría da ESAD de Galicia desde a publicación da presente convocatoria, a 8 de marzo de 2017 e ate o luns 3 de abril de 2017. Axuntarase a seguinte documentación:
    • Carta de motivación.
    • Posible escenificación, incluíndo:
    1. Unha descrición da idea xeradora da posta en escena.
    2. Unha proposta dos diferentes signos de significación da posta en escena: espazo escénico, iluminación, interpretación, espazo sonoro, indumentaria, caracterización, obxectos.
    • Calendario de traballo con data de finalización tope do 13 de xullo.
    • Orzamento da proposta.

    Todo este material deberá ser presentado en copia impresa, sen encanutar, en sobre pechado.
    A solicitude deberá ser presentada en lingua galega.


    IV.- Achegas da ESAD de Galicia e da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
    1. As propostas seleccionadas recibirán da ESAD de Galicia:
    • Un espazo de ensaio en función das posibilidades prácticas da escola.
    • O espazo denominado “Pedra Seixa” para realizar a estrea.
    • Acceso ao material técnico da ESAD de Galicia, baixo o criterio e supervisión da persoa encargada do mesmo.
    • Acceso ao material do almacén da ESAD de Galicia.
    • Espazo de almacenamento.
    2. As propostas seleccionadas recibirán da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
    • Organización e xestión dunha función a celebrar no ultimo cuadrimestre do ano 2017 no Salón Teatro en Santiago de Compostela.
    • A AAAG comprométese á contratación remunerada por unha representación, dos participantes na representación da proposta gañadora. Todos os que participen no equipo, que poderá estar formado por un máximo de sete persoas entre actores/actrices, director/a, escenógrafo/a, etc., percibirán a mesma remuneración, tomado como referencia a salario bruto por bolo de un actor protagonista establecido no Convenio de Teatro de Galicia.
    • A promoción e difusión da actividade a través dos medios de comunicación, as redes sociais e o apoio das institucións colaboradoras.
    • O proxecto gañador contará cunha axuda para gastos de produción de 250 euros que se abonarán tras a súa debida xustificación

    A selección dunha proposta non constituirá para a ESAD de Galicia ningunha outra obriga, especialmente de carácter económico. A realización da proposta non suporá que a ESAD de Galicia asuma ningún vínculo laboral ou funcionarial co colectivo artístico seleccionado.
    Os gastos das viaxes durante o período de ensaios ou representación da produción correrá a cargo dos integrantes do grupo.


    V.- Calendario e prazos de realización da produción.
    Período de ensaios:
    Período de exhibición:
    Os/as  integrantes do proxecto seleccionado comprométense a facer un mínimo de dúas funcións (incluída a estrea na ESAD de Galicia) até finais de 2017.


    VI.- Selección de propostas.
    A selección de propostas será realizada por un tribunal composto por dous/dúas profesores/as da ESAD de Galicia,dúas persoas designadas pola AAAG e unha persoa escollida por ambas entidades de contrastada traxectoria nas artes escénicas.
    A ESAD de Galicia e a AAAG, poderán  pórse en contacto en calquera momento con cada un/unha dos integrantes do proxecto gañador para solicitar a documentación ou as aclaracións que estime oportunas, e negociar con eles posibles modificacións ou adaptacións da súa proposta.
    A selección das propostas, unha vez realizada, será comunicada vía telefónica ao grupo gañador.


    VII.- Baremación das propostas:
    1. Idoneidade da proposta escénica en relación ao material textual proposto. (máximo 5 puntos.)
    2. Interese artístico da proposta escénica. (máximo 10 puntos.)
    3. Claridade e corrección na redacción e comunicación da proposta escénica. (máximo 5 puntos.)
    4. Adecuación do plan de produción ao orzamento asinado. (máximo 5 puntos.)
    5. Outras (valoración da carta de motivación, equipo artístico, integración de especialidades) (máximo 5 puntos.)


    VII.- Formalización da adxudicación.
    Unha vez seleccionado o grupo, formalizarase o correspondente documento entre este e as diferentes partes. No documento deberán quedar reflectidas as responsabilidades e achegas de cada unha das partes, así coma o calendario de realización da proposta, as obrigas e responsabilidades de todas as partes.
    O grupo seleccionado non adquirirá dereito ningún mentres non sexa formalizado o documento ao que se refire esta base.


    VIII.- A participación na presente convocatoria implica a aceptación total destas bases, así como as decisión tomadas polo xurado designado, que serán inapelables.

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS