• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// ACTIVIDADES
  • Foro Creativa
  • Do 09/12/2009 ao 19/12/2009
  • Baixo o título de CREATIVA, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués organizan conxuntamente este FORO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS, un encontro multilateral e interdisciplinar entre empresas, creadores e artistas de distintos ámbitos do sector da cultura e das dúas procedencias xeográficas. A música, a escena, o libro como produto gráfico e a produción audiovisual son os grandes eixos, tanto industriais como artísticos, que vertebran cada unha das actividades desta iniciativa, materializada a través dos distintos modelos de conferencias, mesas redondas e reunións propostas. Será tamén un momento idóneo para a mostra de diversos espectáculos de teatro, danza e concertos, algúns deles producidos expresamente para a ocasión, que virán a complementar o programa coa incorporación do público xeral á parte máis lúdica do evento.Todos os axentes profesionais que se sitúan nas industrias culturais actuais teñen así, ao seu dispor, unha oportunidade histórica para a exposición, o coñecemento, a reflexión e o debate. A necesidade do intercambio e a cooperación transnacional son os principais activos que presiden todo o plan de traballo de CREATIVA, do mesmo xeito que a premisa de partida é a consideración da cultura como factor básico de desenvolvemento territorial e económico. A cidade de Vigo acollerá, en múltiples espazos, entre os que se encontra a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, esta primeira entrega de CREATIVA. Co financiamento a cargo dos fondos FEDER da UE, pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, o proxecto avanzará nos vindeiros meses na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común mediante a publicación dixital dunha guía de recursos culturais e dunha axenda de actos culturais, así como a través dunha longa serie de accións concretas nas poboacións asentadas a ambas beiras do Miño até finais de 2010.

    >> Foro creativacultural
  • Programa do Foro Creativa
  • PARTICIPANTES

    Foro ARTES ESCÉNICAS [18:00 h]
    Entrada gratuíta ata completar a capacidade.

    [15.12.09] Mesa de debate: Os repertorios e a creación de públicos.
    Coordina:
    Roberto Pascual, profesor da ESAD.
    Interveñen:
    Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).
    Pedro Fresneda, autor, director, iluminador teatral e director do Teatro Ensalle de Vigo.
    Rui Araújo, coordinador do departamento de produción e programación do Teatro luso de Vila Real.

    [16.12.09] Mesa de debate: Novas tendencias escénicas en Galicia.
    Coordina:
    Afonso Becerra, profesor da ESAD.
    Interveñen:
    Ana Vallés, autora e directora de Matarile Teatro.
    Xesús Ron, membro fundador do grupo Chévere e da Sala Nasa en Santiago de Compostela.
    Carlos Neira, fundador e director da compañía Nut Teatro.

    [17.12.09] Mesa de debate: As linguaxes da danza.
    Coordina:
    Ricardo Solveira, profesor da ESAD.
    Interveñen:
    Cristina Cameselle, coreógrafa e responsable da xestión cultural de DANESGA (Asociación profesional de danza escénica galega).
    Ruth Balvís, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos e presidenta de DANESGA.
    Joclécio Azevedo, coreógrafo e director artístico do Núcleo de Experimentação Coreográfica (NEC), estrutura dedicada á creación, produción, formación e reflexión na área da danza contemporánea.
    Vicente Colomer, codirector da compañía Nova Galega de Danza.
    Estefanía Vázquez, produtora e distribuidora de danza.

    [18.12.09] Mesa de debate: O exercicio profesional en Galicia: o convenio.
    Coordina:
    Manuel F. Vieites, profesor da ESAD.
    Interveñen:
    Xavier Estévez, actor de teatro e do audiovisual.
    Vicente Montoto, actor e director teatral. Presidente da Asociación de Actores e  Actrices de Galicia (AAAG).

    --------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    ARTES ESCÉNICAS [20:00 h]
    Entrada gratuíta ata completar a capacidade.

    [09.12.09] NUT TEATRO Wake Up (Galicia).
    Adultos | Teatro de actor | 70 min.
    Con Wake Up, Nut Teatro reflexiona sobre a intimidade e as relacións xurdidas de novos modelos de convivencia que o devir dos tempos fixo aparecer: as camas quentes, expresión referida ao leito subarrendado a homes e mulleres. Arquitectura caducada, cicatrices na paisaxe urbana, memoria, espazos vividos…

    [10.12.09] BORJA FERNÁNDEZ E UXÍA VAELLO Play (Galicia).
    Adultos | Teatro/danza | 55 min.
    Primeira colaboración escénica entre Borja Fernández e Uxía P. Vaello. Peza encadrada no xénero do teatro-danza na que se aborda o tema da manipulación a través da hibridación das linguaxes nas que teñen traballado os autores: o teatro, a música e a danza.

    [11.12.09] O RETRETE DE DORIAN GRAY Rúa aire (Cataluña-Galicia)
    Infantil 7 a 12 anos | Monicreques | 60 min.
    Unha vetusta máquina de procesar e inflar globos… Unha xénese nada máis empezar… Un puñado de globos emperrados en vivir... Unha ducha accidentada… Unhas malvadas tesoiras de ideas fixas… Unha bomba de inflar con patas…Un final que coincide coa conclusión da obra…

    [16.12.09] PERIPÉCIA TEATRO Vincent, Van e Gogh (Portugal).
    Maiores de 12 anos / 70 min.
    Vincent, Van e Gogh son tres personaxes que ocupan un espazo con pinceis, teas, chapeus e cabaletes. A través da relación e o xogo destes personaxes cos obxectos emerxen figuras e situacións que marcaron a vida e a pintura do célebre artista Vincent Van Gogh.

    [17.12.09] NÚCLEO DE EXPERIMENTAÇÃO COREOGRÁFICA Uma peça encomendada (Portugal).
    Maiores de 16 anos / Performance / 45 min.
    Dirixido e protagonizado por Joclécio Azevedo, este solo está confeccionado a partir de aportacións do público, que emprega a manipulación de obxectos diversos, o uso de poses maquiavélicas, sons doutro mundo, referencias a personaxes de filmes e libros ou á exploración de conceptos coma o medo, o de sexo ou a verdade.

    [18.12.09] GALITOON Rosalía a pulga que escribía (Galicia).
    Infantil 3 a 7 anos | Monicreques | 50 min.
    Rosalía é unha pulga que escribe cartas e Bruno, o canguro, é o carteiro que as entrega. Unha tenra relación de amizade entre unha pulga escritora, un canguro carteiro, unha xirafa patinadora, un elefante londiniense e moitos máis personaxes.

  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas