• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// ACTIVIDADES
  • Proxecto Toromelos. 16:30 h
  • Do 04/03/2010 ao 05/03/2010
  • O Proxecto Toromelos nace dunha colaboración entre a Fundación Carlos Casares e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que ten como finalidade a promoción da investigación, a innovación e a creación nos eidos da  creación dramática e teatral para a infancia e a mocidade. Esta iniciativa non ten carácter circunstancial senón que aspira a ter a continuidade necesaria para o logro dos obxectivos que persegue, entre eles a promoción e posta en valor da lectura e da literatura dramática, así como do treatro para a infancia e a mocedade.

    Proxecto Toromelos é unha iniciativa en proceso, que ten diante súa moi diversas posibilidades que se irán concretando en programas concretos en función do seu desenvolvemento e das persoas que se vaian involucrando no mesmo, en primeiro lugar contando co profesorado e co alumnado da ESAD.

    Nesta primeira ocasión levamos a cabo Lela anda en bicicleta, versión teatral do conto de Carlos Casares Lolo anda en bicicleta, que tén nunha estructura clásica de presentación, nó e desenlace, cun marcado carácter escénico centrado no traballo xestual dos actores. O propósito de ter escollido este conto de Carlos Casares é poñer en valor a capacidade da autoaprendizaxe a da superación das propias limitacións, reflectida na figura do protagonista.  Presentamos esta primeira parte do proxecto como un traballo en proceso onde a dramaturxia queda aberta para desenvolver o mundo creativo de Carlos Casares. O espazo escénico do faiado é o lugar onde os obxectos cobran vida, e onde o imaxinario do protagonista da pé á entrada en escena doutros posibles personaxes.

  • Cartel "Lela anda en bicicleta"
  • Díptico "Lela anda en bicicleta"
  • PARTICIPANTES

    Presentamos o elenco formado por alumnos e alumnas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e a realización do vestiario realizado por alumnas da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, EASD de Santiago de Compostela. Por orden de intervención:

    PERSONAXE
    ACTORES E ACTRICES
    REALIZACIÓN VESTIARIO
    PresentadoraMelania Pérez RodríguezBelén Otero Ares
    PolicíaFran Lareu RodríguezPatricia Toma Caínzo
    FerrateiraEva Souto SilveiraLeticia Gestido Fandiño
    CamareiroDavid Novas DomínguezCarla López Bermúdez

    Jorge Gallardo Rodríguez
    MendigaEva Alfonso GonzálezAlicia Montaña Tojo

    María Peinado Casal

    FroiteiraAida Sánchez EspósitoSofía Fernández Fernández
    SeñoraCatuxa García MoureMarga Arosa Silva
    PaiJordi Fernández FernándezLucía López Sieira
    LelaPaula Santiago Pier
    Cristina Matos Saavedra

    Asesoramento vocal: Nuria Gullón
    Deseño iluminación: Fran Núñez
    Deseño e realización escenografía: Diego González Valeiras
    Deseño Gráfico: Iván R.
    Profesora da EASD: Carmen Pastoriza
    Texto Presentadora: Roberto Pascual
    Música: Rene Aubry
    Son: Adrián Ríos Rúa
    Dirección e produción: Ricardo Solveira

  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas