Con este título, a ESAD de Galicia vai poñer en marcha unha liña de traballo orientada a recuperar a nosa memoria histórica no eido das artes escénicas, recuperando a voz e a palabra de persoas que xa non están con nós ou dando voz a todas esas persoas que ao longo de todos estes anos fixeron posible que Galicia puidese ter un teatro de seu. Igualmente queremos convocar a este foro de encontros coa nosa realidade e coa nosa historia, a outras persoas procedentes doutras culturas e doutras xeografías, unhas veces próximas e outras lonxanas. En marzo de 2010 iniciaremos o ciclo do que se informará nestas mesmas páxinas.
PARTICIPANTES
Hora: 16h30
Lugar: Sala Pedra Seixa da ESAD de Galicia
(Data por confirmar)
Antón Durán Morris
Actor cunha longa e recoñecida experiencia teatral e televisiva. No teatro traballou en ducias de obras desde 1978, especialmente para o Centro Dramático Galego e para a compañía Artello, da que foi fundador.
24.MARZO.2010
Dorotea Bárcena
Actriz, directora e dramaturga. En 1970 participa na creación, con Xulio Lago, do grupo Esperpento Teatro Xove, un dos grupos máis activos do incipiente teatro independente galego. Con Teatro da Lúa levou a escena en 1987 Mulliéribus, da súa autoría.
14.ABRIL.2010
Xúlio Lago
Actor, iluminador e director de Teatro do Atlántico. Foi o organizador das I e II Xornadas de Teatro de Vigo (l972-l973) e promotor da III. Foi tamén promotor do grupo La Picota en Madrid e Mari-Gaila en Santiago. Dirixiu numeroros espectáculos como o Woyzeck, primeira creación do CDG.
12.MAIO.2010
Cándido Pazó
Dramaturgo, narrador oral e director. Membro fundador da compañía viguesa A Farándula. Crea tamén o grupo Tranvía, que se fusionaría no 93 con Ollomol e do cal saíron espectáculos inesquecibles da súa autoría e dirección como Commedia, un xoguete para Goldoni.