• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// ACTIVIDADES
  • Dramaturxias.con
  • Do 03/03/2010 ao 25/05/2010
  • Con este programa, que iniciaremos en marzo de 2010, a ESAD de Galicia quere establecer un marco de promoción de voces novas no eido da creación dramática, ao tempo que tamén se prestará atención aos nomes clave da literatura dramática galega, europea e universal. Trátase de ciclos de conferencias, mesas de debate, lecturas e dramatizadas e outras actividades para dar a coñecer autores e autoras de relevo.

    Igualmente a ESAD de Galicia dedica cada ano a un autor ou autora galego e a un autor ou autora non galego, coa finalidade de organizar actividades que permitan afondar no coñecemento da súa obra e promover a súa promoción.

    En 2009 foron Raul Dans e Caryl Churchill
    En 2008 foron Manuel Lourenzo e Juan Mayorga

    Para 2010 a ESAD de Galicia dedicará parte do seu programa dramaturxias.con a difundir a obra dramática de Inma Souto, dramaturga galega, e José Maria Vieira Mendes, dramaturgo portugués.

  • Cartel CICLOS ESAD
  • Calendario CICLOS ESAD
  • PARTICIPANTES

    Hora: 16h30
    Lugar: Sala Pedra Seixa da ESAD de Galicia


    16.MARZO.2010
    María Xosé Queizán
    Escritora, tradutora e ensaísta. Nos cincuenta participa en obras de teatro, crea en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", funda e dirixe de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego".

    28.ABRIL.2010
    Gustavo Pernas
    Dramaturgo, actor e director teatral. Dirixe Áncora Producións e exerce como profesor de guión, dramaturxia e linguaxes audiovisuais. O seu labor creativo obtivo diferentes recoñecementos como o Premio Max, Premio Compostela, María Casares ou Rafael Dieste.

    26.MAIO.2010
    Raúl Dans
    Dramaturgo, guionista e actor de dobraxe. Premio Rafael Dieste no ano 93 con Matalobos, premio Álvaro Cunqueiro no 94 con Lugar e Premio Born 97 coa obra Derrota. En Confesións dun practicante reúne unha serie de reflexións sobre a súa concepción do sistema teatral galego.

    CURSO DE LITERATURA DRAMÁTICA

    16 e 23. MARZO / 6, 20 e 27. ABRIL / 4, 11 e 25. MAIO. 2010
    Manuel F. Vieites
    Colaborador habitual de Faro de Vigo, ten publicado varios traballos sobre a literatura dramática galega e outros estudos sobre literatura dramática e estudos teatrais.

  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas