• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// ACTIVIDADES
  • Obradorio Teatronova
  • Do 00/00/0000 ao 00/00/0000
  • Iniciativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Caixanova para promover a creación escénica na ESAD de Galicia e para desenvolver pequenos proxectos de investigación, de difusión e de formación.

    O Obradoiro comezou a andar en 2009, coa presentación de dous espectáculos de indagación. O primeiro, Proxecto John Cage, foi desenvolvido por profesorado e alumnado da ESAD e do Conservatorio Superior de Música de Vigo, tendo lugar a estrea en xaneiro de 2009 no Centro Cultural Caixanova. O segundo, Aoi, consistiu nunha escenificación do texto homónimo de Jukio Mishima, que se presentou en xuño de 2009 no Centro Cultural Caixanova.

    Entre xullo e novembro de 2009, o Obradoio tamén promoveu a realización dos traballos de fin de carreira do alumnado egresado da ESAD. Parte deses traballos serán recuperados agora para por en marcha o Ciclo Elena Atienza para novos creadores e emprendedores, que decorrerá ao longo do mes de marzo na Sala Pedra Seixa da ESAD de Galicia.

    Para o curso ano 2010 están previstos novos traballos de indagación e a posta en marcha dun Seminario Permanente de hermenéutica textual, no que participarán diversas persoas vinculadas coa análise e o estudo da conduta humana.
  • PARTICIPANTES


  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas