PARTICIPANTES
ACTIVIDADES PARA CENTROS EDUCATIVOS
A ESAD de Galicia ofrece dúas xornadas de portas abertas: o 26 de marzo no marco das celebracións do Día Mundial do Teatro e o 9 de abril.
> Obradoiros de teatro: Actividades de carácter práctico e participativo especialmente deseñadas para o alumnado asistente.
> Aulas abertas: Nas que se poderán presenciar como se imparten e transcorren algunhas das materias prácticas.
> Outras actividades: Visita guiada ás instalacións do novo edificio e asistencia ás representacións e mostras de traballo do alumnado da ESAD.
VISITAMOS O TEU CENTRO
A ESAD organiza saídas formativas para achegar a todos aqueles centros que non poidan vir á nosa escola.
Data límite: 30 de abril.
ACTIVIDADES PARA COLECTIVOS
A ESAD de Galicia ofrece dúas xornadas de portas abertas: o 26 de marzo no marco das celebracións do Día Mundial do Teatro e o 9 de abril.
> Charlas: Sobre dirección e posta en escena teatral, dramaturxia, interpretación e escenografía.
> Outras actividades: Visita guiada ás instalacións do novo edificio e asistencia ás representacións e mostras de traballo do alumnado da ESAD.