• inicio
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
ACTIVIDADES
  • Ven á nosa escola e coñece os estudos de Arte Dramática
  • Do 17/09/2012 ao 31/07/2013
  • PRESENTACIÓN
    Para este curso 2012/13 a ESAD de Galicia presenta unhas xornadas para dar a coñecer as distintas especialidades en Arte Dramática:
    - Interpretación
    - Dirección escénica e Dramaturxia
    - Escenografía

    A QUEN VAN DIRIXIDAS?
    Tanto á comunidade educativa (centros de secundaria, centros superiores e universitarios...) como aos colectivos interesados nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude...).

    EN QUE CONSISTEN ESTAS VISITAS?
    Existen dúas maneiras de achegarse a elas:

    VEN Á ESAD DE GALICIA

    Ofrécese aos visitantes ao noso centro en Vigo un percorrido de carácter práctico, participativo e divertido onde se poderán "vivenciar" os diferentes procesos de traballo dos oficios teatrais impartidos na escola.

    VISITAMOS O TEU CENTRO DE ESTUDOS
    (Para centros de Bacharelato)
    Presentamos no voso propio centro educativo os diferentes percorridos que a ESAD está a impartir: materias, saídas profesionais... co fin de achegarnos ao alumnado dun xeito cercano e directo.

    Para asistir a estas actividades deberá realizarse previamente a reserva chamando ao 619 910 937 ou a través de comunicacion@esadgalicia.com


  • PARTICIPANTES

    > Visita do IES Val do Tea (Ponteareas)
    > Visita do IES Alexandre Bóveda (Vigo)

  • Dirección escénica e Dramaturxia

  • Escenografía

  • Interpretación

  • ERASMUS

  • Máster en Artes Escénicas

Síguenos en FacebookSíguenos en TwitterImaxes da ESAD de GaliciaVídeos da ESAD de GaliciaPodcast ESAD de GaliciaSpotify