• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// ACTIVIDADES
  • escénika. Campus Internacional de Verán 2009/2010
  • Do 19/05/2010 ao 15/07/2010
  • A ESAD de Galicia quérelle dar continuidade ao Campus Internacional das Artes Escénicas, que na súa primeira edición de 2008 obtivo e suscitou un interese que superou todas as espectativas. O Campus de Verán ten como finalidade ofrecer un espazo para o encontro, a formación permanente, o intercambio de experiencias e a promoción de foros de análise, debate e creación arredor das artes escénicas e das disciplinas que lle son propias. Esta iniciativa tamén abre liñas de encontro e intercambio con artistas procedentes doutras culturas e países. Coa consolidación dun Campus Internacional de Verán específico a ESAD de Galicia afirma o seu compromiso co desenvolvemento e regularización do sistema cultural galego.

    Ver listaxe de admitidos >>>
  • Descarga o programa de escénika 2009/2010
  • PARTICIPANTES

    Cabaret.
    Ángel Burgos e Luis Santamaría (coreógrafo axudante).
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 28 de xuño ao 2 de xullo (20 horas) Horario: de 10h00 a 14h00. 75 €.

    Interpretación, técnica Earle Gister.
    Moisés Morales.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 28 de xuño ao 2 de xullo (20 horas) Horario: de 16h00 a 20h00. 50 €.

    O rito corporal no teatro. Danza para actores.
    Arnold Tarraborelli.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 5 ao 9 de xullo (20 horas) Horario: de 10h00 a 14h00. 50 €.

    Iluminación no teatro e na danza. Sólido, líquido, gaseoso.
    Baltasar Patiño.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 5 ao 9 de xullo (20 horas) Horario: de 16h00 a 20h00. 50 €.

    Taller de teatro.
    W. Staniewski (3 docentes).
    VIGO (ESAD de Galicia).
    12, 13 e 14 de xullo (15 horas)  75 €.
    Horario: de 11h00 a 14h00 e de 15h00 a 17h00.

    Curso de teatro Kathakali.
    Compañía Teatro Tascabile di Bergamo.
    VIGO (ESAD de Galicia).
    Do 12 ao 15 xullo (20 horas) Horario: de 17h00 a 21h00. 75 €.
    > Espectáculo de Kathakali: 15 xullo (21h00) na Sala Pedra Seixa da ESAD.

  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas