ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ENSINANZAS | Oferta educativa
  • DENOMINACIÓN
    A ESAD de Galicia ofrece as ensinanzas oficiais de arte dramática reguladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e no Real Decreto 630/2010, que conducen á obtención do Título Superior en Arte Dramática, equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao. O Título Superior organízase en catro cursos académicos nos que se cursan un total de 240 créditos ECTS, a razón de 60 ECTS por curso. O Título Superior en Arte Dramática contempla tres especialidades cos itinerarios que en cada caso se indican entre paréntese: Dirección escénica e dramaturxia (Dirección escénica / Dramaturxia), Escenografía e Interpretación (Textual / Xestual).

    PROGRAMA DE ESTUDOS
    A estrutura do programa, o plan de estudos, e as guías docentes das disciplinas a cursar aparecen recollidos nestes enlaces:

    > Dirección escénica e dramaturxia (Dirección escénica / Dramaturxia)
    > Escenografía
    > Interpretación (Textual / Xestual).

    Tamén se inclúe a guía docente do Traballo de fin de estudos (TFE), en tanto a normativa relativa ao TFE, aparece reflectida no Manual de calidade: PC701.03.

    TIPO DE ENSINANZA E CRITERIOS DE ADMISIÓN
    As ensinanzas conducentes ao Título Superior en Arte Dramática, teñen carácter oficial e presencial. Para acceder ás mesmas cómpre posuír os requisitos establecidos na lexislación vixente: estar en posesión do título de bacharel ou equivalente, e superar a proba de acceso específica.

    > Normativa das probas de acceso.

    PERFIL DE INGRESO
    Para as especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Interpretación, non existe un perfil de ingreso recomendado. Non é obrigatorio ter cursado unha opción determinada de bacharelato. Con todo, as persoas que queiran cursar estas dúas especialidades deberían optar preferentemente polo Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais ou polo Bacharelato de Artes na vía de Artes Escénicas, Música e Danza, mentres que para as persoas que queiran optar pola especialidade de Escenografía resulta recomendable o Bacharelato de Artes na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

    NÚMERO DE PRAZAS
    Para cada curso escolar a oferta de prazas de novo ingreso é a seguinte: Escenografía (12), Dirección escénica e dramaturxia (12), e Interpretación (28).

    IDIOMAS EN QUE SE IMPARTE
    A lingua vehicular preferente é a galega, pero tamén se utilizan outras linguas como o castelán, o portugués e o inglés, atendendo ao carácter das materias e das competencias que contribúen a acadar.

    NORMATIVA DE PERMANENCIA E TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS
    > Dispoñible na Guía do alumnado nos seus aspectos básicos.
     
    PERFIL PROFESIONAL DO/DA TITULADO/A SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA NA ESPECIALIDADE DE DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA
    O perfil profesional definido na especialidade de dirección escénica e dramaturxia corresponde ao/á dun/dunha artista que contempla no seu conxunto o proceso de creación teatral e comprende, utiliza, coordina e xestiona as diversas linguaxes que  participan na creación dun espectáculo. Desenvolve un proxecto artístico persoal ao mesmo tempo que, coa posible colaboración dos/das artistas e especialistas, harmoniza e dispón os diferentes elementos da creación escénica nun espazo e nun tempo determinados, tratando de suscitar no/na espectador/a emocións, sensacións e ideas a través da palabra e a imaxe. Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.

    PERFIL PROFESIONAL DO/DA TITULADO/A SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA NA ESPECIALIDADE DE ESCENOGRAFÍA
    O perfil profesional definido na especialidade de escenografía corresponde ao/á dun/dunha artista, pensador/a e comunicador/a de imaxes que utiliza basicamente a linguaxe do espazo e a dos obxectos e seres que o habitan. Desenvolve unha visión artística persoal que se combina coa doutros/as artistas e participa nun proxecto artístico ou comunicativo común. Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.

    PERFIL PROFESIONAL DO/DE LA TITULADO/A SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN
    O perfil definido na especialidade de interpretación corresponde ao/á dun/dunha artista, creador/a, intérprete e comunicador/a de signos que se utiliza a si mesmo/a como instrumento, integrando os seus recursos expresivos, corpo, voz e os seus recursos cognitivos e emocionais, poñéndoos ao servizo do espectáculo. Desenvolve una visión artística persoal que se combina coa doutros/as artistas participando nun proxecto artístico común. Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.

    OBXECTIVOS E COMPETENCIAS
    Establecidas no Decreto 179/2015, de 29 de outubro, publicado no DOG do 7 de decembro de 2015.



  •  
  • ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

  • Competencias transversais, xerais e específicas
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS