ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Plan de autoprotección





ENSINANZAS | Escenografía
  • Plan de estudos do Grao en Arte Dramática na especialidade de Escenografía, segundo establece a Orde do 30 de setembro de 2010. Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro de 2010.

    1º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Debuxo artístico I



    Principios xerais das técnicas
    de representación artística. Coñecemento básico das técnicas
    instrumentais do debuxo e do deseño. Debuxo á man alzada. Técnicas
    de representación bidimensional. Técnicas plásticas de
    representación. Valoración e selección dos procesos instrumentais
    idóneos para cada proxecto. Capacidade de recoñecer e escoller a
    propia técnica de representación.


    Debuxo artístico I
    Técnicas de representación 5 6
    +

    Debuxo técnico I





    Principios xerais das técnicas
    de representación técnica. Coñecemento básico das técnicas
    instrumentais do debuxo técnico. Representacións técnicas básicas.
    Representación técnica bidimensional de obxectos do cotián.


    Debuxo técnico I
    Técnicas de representación 4 3
    +

    Debuxo técnico II


    Principios xerais das técnicas
    de representación técnica. Coñecemento avanzado das técnicas
    instrumentais do debuxo técnico. Representacións técnicas
    avanzadas. Representación técnica tridimensional de obxectos do
    cotián.


    Debuxo técnico II
    Técnicas de representación 4 3
    +

    Espazo escénico I

    Coñecemento e afondamento nos principios da teoría da percepción. Comprensión dos procesos perceptivos: forma e significado.
    Desenvolvemento da capacidade de observación e comparación dos elementos visuais. Principios de composición.




    Espazo escénico I
    Deseño de escenografía 5 6
    +

    Espazo escénico II

    Afondamento nos principios de composición. Coñecemento e utilización dos principios de estrutura, forma, cor, textura, espazo e volume.

    Espazo escénico II
    Deseño de escenografía 5 6
    +

    Historia da arte I


     

    Estudo dos principais movementos artísticos, obras e artistas do periodo da historia da arte universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon. Análise das obras dende un punto de vista formal e iconográfico. Análise comparada e estudo de casos prácticos vinculados coa creación escenográfica.



    Historia da arte I
    Historia da arte 4 4
    +

    Historia da arte II

     

    Estudo dos principais movementos artísticos, obras e artistas do periodo da historia da arte universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon. Análise das obras dende un punto de vista formal e iconográfico. Análise comparada e estudo de casos prácticos vinculados coa creación escenográfica.




    Historia da arte II
    Historia da arte 4 4
    +

    Percepción visual e perspectiva I


    Coñecemento dos principios da
    teoría da percepción para a comprensión dos procesos perceptivos:
    forma e significado. Desenvolvemento da capacidade de observación e
    comparación dos elementos visuais. Principios de composición.
    Coñecemento e utilización da perspectiva aplicada ao debuxo
    artístico e ao deseño do espazo escénico.


    Percepción visual e perspectiva I
    Técnicas de representación 5 3
    +

    Percepción visual e perspectiva II


    Coñecemento e afondamento dos
    principios da teoría da percepción para a comprensión dos procesos
    perceptivos: forma e significado. Desenvolvemento da capacidade de
    observación e comparación dos elementos visuais. Principios de
    composición. Coñecemento e utilización da perspectiva aplicada ao
    debuxo artístico e ao deseño do espazo escénico. Análise práctica
    das formas artísticas en relación coa historia das artes.


    Percepción visual e perspectiva II
    Técnicas de representación 5 7
    +

    Técnicas escénicas I

    Coñecemento e utilización dos procesos produtivos e construtivos. Comprensión dos procesos, elementos e procedementos técnicos. Apreciación da dimensión estética e os límites convencionais de procedementos e elementos técnicos e construtivos.

    Técnicas escénicas I
    Técnicas de realización de materiais 5 6
    +

    Teoría e análise dramática

    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:ar-sa;mso-bidi-language:ar-sa"="">Estudo
    teórico e aplicado dos conceptos instrumentais e teorías básicas  para a análise dos textos da literatura
    dramática, afondando na interpretación dos seus trazos formais, estilísticos e
    de xénero e atendendo á especificidade das competencias do perfil profesional
    do escenógrafo.

    Teoría e análise dramática
    Historia e teoría da literatura dramática 6 4
    +

    Teorías do espectáculo I

    Principios teóricos e dimensión práctica da
    comunicación escénica e audiovisual no ámbito da escenografía. Estudo práctico
    dos principios da linguaxe escénica e
    audiovisual. Análise práctica da creación
    escénica e audiovisual como fenómenos
    comunicativos: aspectos antropolóxicos e
    sociolóxicos. Análise práctica de
    espectáculos e procesos metodolóxicos da
    crítica.




    Teorías do espectáculo I
    Teorías do espectáculo e da comunicación 4 4
    +

    Teorías do espectáculo II

    Principios teóricos e dimensión práctica da
    comunicación escénica e audiovisual no ámbito da escenografía. Estudo práctico
    dos principios da linguaxe escénica e
    audiovisual. Análise práctica da creación
    escénica e audiovisual como fenómenos
    comunicativos: aspectos estéticos e
    semiolóxicos. Análise práctica de espectáculos e procesos metodolóxicos da
    crítica.




    Teorías do espectáculo II
    Teorías do espectáculo e da comunicación 4 4
    TOTAL

    60
    60

    2º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Debuxo artístico II

    Coñecemento
    avanzado das técnicas instrumentais do debuxo e do deseño. Debuxo á man
    alzada. Técnicas de representación tridimensional. Técnicas
    plásticas de representación II. Valoración e selección dos
    procesos instrumentais idóneos para cada proxecto. Capacidade de
    recoñecer e escoller a propia técnica de representación.


    Debuxo artístico II
    Técnicas de representación 5 6
    +

    Deseño asistido por ordenador I


    Coñecemento das ferramentas
    necesarias para a elaboración de plantas e alzados de proxectos en
    2D. Manexo de programas de edición gráfica para a realización de
    bosquexos e propostas escenográficas. Valoración e selección dos
    procesos instrumentais idóneos para cada proxecto. Capacidade de
    recoñecer e escoller a propia técnica de representación.


    Deseño asistido por ordenador I
    Técnicas de representación 5 4
    +

    Deseño asistido por ordenador II

    Coñecemento das ferramentas necesarias para a elaboración de plantas e alzados de
    proxectos en 2D. Aproximación ao deseño en 3D. Manexo de programas de edición
    gráfica para a realización de bosquexos e propostas escenográficas. Valoración e
    selección dos procesos instrumentais idóneos para cada proxecto. Capacidade de
    recoñecer e escoller a propia técnica de representación.  

    Deseño asistido por ordenador II
    Técnicas de representación 5 4
    +

    Espazo escénico III

    Espazo escénico III


    A materia de espazo escénico III, pretende dar continuidade ao desenvolvemento das competencias que debe chegar a ter un escenógrafo, para iso, elaboráronse e aprobáronse unha serie de contidos básicos e progresivos.

    Tras ter un dominio adquirido nas materia que a preceden, sobre estrutura, forma, cor, textura e volume, se lle dará continuidade coa aplicación destos conceptos a proxectos de deseño de escenografía, implantados en espazos concretos, entrando así en xogo, o manexo do debuxo técnico como ferramenta para elaborar os planos de representación gráfica e a realización de maquetas a escala, que expliquen as propostas plástica do deseño escenográfico.

    Espazo escénico III
    Deseño de escenografía 5 6
    +

    Espazo escénico IV

    Esta materia pretende afianzar as bases do deseño escenográfico,
    resolvendo proxectos de ampla envergadura, entendo a importancia de cada parte
    que conforma un espectáculo cara o funcionamento da futura posta en escena. Será
    moi relevante o desenvolvemento do deseño de escenografía xunto cos demais
    áreas plásticas, atendendo as necesidades dos directores e actores. Farase especial
    fincapé no dominio das técnicas de representación gráficas,  cara a
    comprensión dos directores, os construtores da escenografía e os técnicos onde
    iría implantada esta. 

    Espazo escénico IV
    Deseño de escenografía 5 6
    +

    Estética teatral


    Concepto, tipoloxía e teorías da expresión artística. Estudo da historia do pensamento e das ideas estéticas en relación coas artes escénicas.

    Estética teatral
    Estética 5 6
    +

    Historia da arte III

    Estudo dos
    principais movementos artísticos desde a Ilustración ata a primeira década do
    S. XXI, atendendo ao momento histórico no que se crearon. Análise das obras
    desde un punto de vista formal e iconográfico. Análise comparada e estudo de
    casos vinculados coa creación escenográfica.

    Historia da arte III
    Historia da arte 5 4
    +

    Historia da escenografía


    Estudo do desenvolvemento histórico das diferentes formas do teatro e das outras artes do espectáculo así coma da súa imaxe escenográfica desde as primeiras manifestacións escénicas ata os nosos días, abordando non só a orde cronolóxica dos aconteceres escénicos, senón tamén a xestación dos grandes conceptos da teoría e a práctica escénica coas súas concrecións no tempo e no espazo.

    Historia da escenografía
    Historia das artes do espectáculo 5 4
    +

    Iluminación I

    Estudo da natureza da luz e os seus aspectos físicos. Coñecemento de magnitudes e principios fundamentais. Estudo das fontes de luz. Fundamentos teóricos e prácticos do equipo técnico preciso na iluminación teatral.

    Iluminación I
    Deseño de escenografía 2 2
    +

    Iluminación II

    Coñecemento avanzado e utilización dos principios de estrutura, forma, cor, textura, espazo e volume, aplicados ao deseño da iluminación. Afondamento nos coñecementos do uso da cor en iluminación. Desenvolvemento da execución da documentación técnica precisa (follas técnicas, planos de luces…). A organización no proceso da montaxe. Análise da luz en contacto cos outros elementos do espazo escénico.

    Iluminación II
    Deseño de escenografía 2 2
    +

    Literatura dramática I

    Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da escenógrafo/a.


    Literatura dramática I
    Historia e teoría da literatura dramática 3 3
    +

    Literatura dramática II


    Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento histórico en que se crearon, ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especificidade das competencias do perfil profesional do/da escenógrafo/a.

    Literatura dramática II
    Historia e teoría da literatura dramática 3 3
    +

    Tecnoloxía escénica I



    Coñecemento teórico-práctico na aplicación dos medios técnicos e tecnolóxicos nunca


    proposta escénica. Posibilidades estéticas da tecnoloxía aplicada á maquinaria e á


    imaxe escénicas.

    Tecnoloxía escénica I
    Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 5 5
    +

    Tecnoloxía escénica II



    Coñecemento teórico-práctico na aplicación dos medios técnicos e tecnolóxicos nunca


    proposta escénica. Posibilidades estéticas da tecnoloxía aplicada á maquinaria e á


    imaxe escénicas.

    Tecnoloxía escénica II
    Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 5 5
    TOTAL

    60
    60

    3º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Caracterización I



     






    Estudio teórico-práctico das distintas técnicas, elementos e recursos que contribúen á modificación das características físicas do actor no proceso de creación dun personaxe.


    Caracterización I
    Deseño do personaxe 3 4
    +

    Caracterización II


     


     






    Estudio teórico-práctico das distintas técnicas, elementos e recursos que contribúen a la modificación das características físicas do actor no proceso da creación dun personaxe.


    Caracterización II
    Deseño do personaxe 3 3
    +

    Dramaturxia I


      Principios xerais de dramaturxia. Análise das diversas formas de espectáculo (incluído o espectáculo audiovisual). Coñecemento e análise das estruturas e xéneros dramáticos e audiovisuais. Análise da estrutura dramática e as convencións que operan nunha obra ou espectáculo, a acción, o xénero, a caracterización, o ritmo, así como as implicacións de elementos da produción tales como o vestiario, a escenografía ou a iluminación. Principios de análise e creación de personaxes.

    Dramaturxia I
    Dramaturxia 3 3
    +

    Dramaturxia II


      Análise
    do texto dramático e/ou da partitura dramática. Concepción da estrutura
    dramática e as convencións que operan nunha obra ou espectáculo, a acción, o
    xénero, a caracterización, o ritmo, así como as implicacións de elementos de
    produción tales como o vestiario, a escenografía ou a iluminación. Composición
    da acción e configuracións espazo-temporais. Análise e documentación para a
    adaptación de textos non dramáticos de cara á súa escenificación.

    Dramaturxia II
    Dramaturxia 3 3
    +

    Historia das artes do espectáculo I






    Estudo
    das raíces e do desenvolvemento teórico e estético dos diferentes
    xéneros e estilos do espectáculo, desde unha perspectiva diacrónica
    e sincrónica e atendendo á especificidade das competencias do
    perfil profesional do escenógrafo.


    Historia das artes do espectáculo I
    Historia das artes do espectáculo 3 3
    +

    Historia das artes do espectáculo II






    Estudo
    das raíces e do desenvolvemento teórico e estético dos diferentes
    xéneros e estilos do espectáculo, desde unha perspectiva diacrónica
    e sincrónica e atendendo á especificidade das competencias do
    perfil profesional do escenógrafo.


    Historia das artes do espectáculo II
    Historia das artes do espectáculo 3 3
    +

    Iluminación III

    Coñecemento dos principios formais do linguaxe da iluminación. A dramaturxia da luz. Fundamentos do deseño de iluminación e a súa aplicación práctica. Coñecemento e experimentación do método de traballo.

    Iluminación III
    Deseño/Prácticas de escenografía 5 6
    +

    Iluminación IV

    Práctica da creación teatral destinada a sintetizar todos os aspectos da formación. Implica o coñecemento e a experimentación da complexidade do proceso global da creación. Teoría e práctica do deseño de iluminación a partires dun texto dramático. Aplicación das novas tecnoloxías no eido do deseño.

    Iluminación IV
    Deseño/Prácticas de escenografía 5 6
    +

    Indumentaria


     






    Estudo teórico-práctico dos elementos externos que contribúen á creación dun personaxe.



    Indumentaria
    Deseño do personaxe 6 4
    +

    Obradoiro de escenografía I

    Iniciación á práctica da creación teatral destinada a sintetizar todos os aspectos da formación. Implica o coñecemento e a experimentación da complexidade do proceso global da creación, incluíndo a experiencia da representación, as aprendizaxes de linguaxes, procedementos e saberes adquiridos, para transmitir ao/á espectador/a as sensacións, emocións, e o sentido da creación escénica. 

    Obradoiro de escenografía I
    Prácticas de escenografía 10 9
    +

    Produción e xestión







    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">Coñecementos
    sobre a lexislación das artes do espectáculo (normativas comerciais,
    administrativas, laborais e
    line-height:150%;font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:arial;="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"=""> de seguridade). Valoración do traballo en función
    do marco socio-laboral. Coñecemento do proceso de
    line-height:150%;font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">elaboración
    dun proxecto de produción desde os puntos de vista comunicativo e económico.
    Comprensión do
    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:arial;mso-ansi-language:="" gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"=""> marco social no que se desenvolvan a creación de
    proxectos de xestión ou produción.



    Produción e xestión
    Produción e xestión 6 4
    +

    Técnicas escénicas II

    Coñecemento e utilización dos procesos produtivos e construtivos. Comprensión dos procesos, elementos e procedementos técnicos. Apreciación da dimensión estética e os límites convencionais de procedementos e elementos técnicos e construtivos.

    Técnicas escénicas II
    Técnicas de realización de materiais 5 6
    +

    Técnicas escénicas III

    Coñecemento e utilización dos procesos produtivos e construtivos. Comprensión dos procesos, elementos e procedementos técnicos. Apreciación da dimensión estética e os límites convencionais de procedementos e elementos técnicos e construtivos.

    Técnicas escénicas III
    Técnicas de realización de materiais 5 6
    TOTAL

    60
    60

    4º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Análise de espectáculos



    Estudo de diferentes modelos para a análise dos espectáculos teatrais aplicados á interpretación, facendo fincapé no teatro como feito


    escénico e os seus distintos xéneros para logo atender os demais tipos de espectáculo en vivo (danza, musical, obxectos) e abordar asemade


    a técnica da análise comparativa, o ensaio crítico e a interpretación do feito escénico desde coordenadas sociais, políticas, históricas,

    económicas e culturais

    Análise de espectáculos
    Historia das artes do espectáculo 4 3
    +

    Deseño de espectáculos multidisciplinares

    Introdución
    ás características técnicas de luminarias robotizadas, aos
    simuladores de iluminación, ao videomapping e a compoñentes
    electrónicos sinxelos como ferramentas para o desenvolvemento de
    espectáculos multidisciplinares. 

    Deseño de espectáculos multidisciplinares
    Optativa 3 3
    +

    Deseño do personaxe I


     


     






    Estudio teórico-práctico dos elementos externos que contribúen a creación dun personaxe.


    Deseño do personaxe I
    Deseño do personaxe 2.5 2
    +

    Deseño do personaxe II




     






    Estudo teórico-práctico dos elementos externos que contribúen á creación dun personaxe, e a sua concreción na realidade


    Deseño do personaxe II
    Deseño do personaxe 2.5 2
    +

    Escenificación

    mso-fareast-font-family:" times="" new="" roman";mso-ansi-language:#000a;mso-fareast-language:="" es;mso-bidi-language:ar-sa"="">Principios xerais da escenificación. Análise da
    escenificación nas diversas formas espectaculares, incluído o espectáculo
    audiovisual. Análise da situación, do personaxe e da escena. 

    Escenificación
    Escenificación 6 4
    +

    Espazo sonoro








    Análise dos elementos sonoros aplicados na Dramaturxia e na Escenificación, Concepto de Espazo sonoro

    Espazo sonoro
    Optativa 3 3
    Introdución á escrita dramática
    Optativa 3 3
    +

    Introdución á investigación escénica I


    Introdución á investigación escénica I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da investigación, a materia Introdución á investigación escénica ten como finalidade o desenvolvemento das competencias básicas no eido do deseño e realización de proxectos de investigación nas diferentes disciplinas propias da arte dramática. En consecuencia o programa da materia está orientado por un lado a fornecer as técnicas, ferramentas e recursos propios da investigación científica aplicada ás ciencias sociais e ao campo da creación artística, e polo outro a considerar o sistema teatral como fonte de problemas de investigación. Finalmente o programa tamén se ocupa dos aspectos básicos a considerar na elaboración dun Traballo de Fin de Estudos. 

    Introdución á investigación escénica I
    Pedagoxía 2 2
    +

    Introdución á investigación escénica II


    Introdución á investigación escénica I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da investigación, a materia Introdución á investigación escénica ten como finalidade o desenvolvemento das competencias básicas no eido do deseño e realización de proxectos de investigación nas diferentes disciplinas propias da arte dramática. En consecuencia o programa da materia está orientado por un lado a fornecer as técnicas, ferramentas e recursos propios da investigación científica aplicada ás ciencias sociais e ao campo da creación artística, e polo outro a considerar o sistema teatral como fonte de problemas de investigación. Finalmente o programa tamén se ocupa dos aspectos básicos a considerar na elaboración dun Traballo de Fin de Estudos. 

    Introdución á investigación escénica II
    Pedagoxía 2 2
    +

    Obradoiro de escenografía II

    Práctica avanzada da creación teatral destinada a sintetizar todos os aspectos da formación. Implica o coñecemento e a experimentación da complexidade do proceso global da creación, incluíndo a experiencia da representación, as aprendizaxes de linguaxes, procedementos e saberes adquiridos, para transmitir ao/ á espectador/a as sensacións, emocións e o sentido da creación escénica. Coñecemento e experimentación do método de traballo.

    Obradoiro de escenografía II
    Prácticas de escenografía 5 6
    +

    Obradoiro de escenografía III

    Práctica do proceso completo de creación e construción escenográfica para un espectáculo, desde a concepción ata a representación, integrando os saberes e procedementos adquiridos durante toda a carreira. Valoración e crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado

    Obradoiro de escenografía III
    Prácticas/Deseño de escenografía 10 10
    +

    Pedagoxía teatral I


    Pedagoxía teatral I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da docencia, a materia Pedagoxía teatral está orientada a construír as competencias necesarias para o deseño, posta en marcha e avaliación de proxectos, programas e actividades de intervención educativa, en diferentes tempos e espazos, orientadas a usuarios e colectivos diversos, nos ámbitos formal e non-formal. Igualmente desenvólvense as competencias requiridas na intervención socioeducativa e sociocultural no eido da animación teatral. O programa busca converter ao graduado en arte dramática nun especialista da educación e da animación teatral, ofrecéndolle ao mesmo tempo ferramentas básicas no eido da investigación educativa e na xestión da calidade.   

    Pedagoxía teatral I
    Pedagoxía 2.5 4
    +

    Pedagoxía teatral II


    Pedagoxía teatral I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da docencia, a materia Pedagoxía teatral está orientada a construír as competencias necesarias para o deseño, posta en marcha e avaliación de proxectos, programas e actividades de intervención educativa, en diferentes tempos e espazos, orientadas a usuarios e colectivos diversos, nos ámbitos formal e non-formal. Igualmente desenvólvense as competencias requiridas na intervención socioeducativa e sociocultural no eido da animación teatral. O programa busca converter ao graduado en arte dramática nun especialista da educación e da animación teatral, ofrecéndolle ao mesmo tempo ferramentas básicas no eido da investigación educativa e na xestión da calidade.   

    Pedagoxía teatral II
    Pedagoxía 2.5 4
    +

    Traballo fin de estudos

    Elaboración, e posterior defensa, diante dun tribunal, dun traballo de carácter escénico, coa correspondente memoria, que permita unha demostración empírica de ter adquirido as competencias transversais, xerais e específicas da titulación e do itinerario.

    Traballo fin de estudos
    12 12
    TOTAL

    60
    60

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

    Programacións docentes

  • Dirección escénica e dramaturxia

    Programacións docentes

  • Interpretación

    Programacións docentes

  • ERASMUS+