ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ENSINANZAS | Dirección escénica e dramaturxia
  • Plan de estudos do Grao en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia, segundo establece a Orde do 30 de setembro de 2010. Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro de 2010.

    1º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Composición escénica I

    Coñecemento e experimentación da complexidade do proceso global da creación. Estudo e práctica de principios narrativos e compositivos aplicados aos elementos de significación da posta en escena.

    Composición escénica I
    Prácticas de escenificación 3 3
    +

    Composición escénica II

    150%;font-family:Arial;mso-fareast-font-family:" times="" new="" roman";mso-ansi-language:="" en-us;mso-fareast-language:ar-sa;mso-bidi-language:ar-sa"="">Práctica da creación
    espectacular a partires dos principios fundamentais da composición.
    Interrelación e interdependencia dos elementos significativos da linguaxe
    escénica e a súa recepción.

    Composición escénica II
    Prácticas de escenificación 3 3
    +

    Dramaturxia I









    Principios
    xerais da dramaturxia. Análise de distintas formas de espectáculo. Paradigmas, referentes e modelos de composición da acción: drama de base aristotélica, pièce bien faite, dramaturxias performativas posdramáticas para diferentes xéneros e modalidades espectaculares (teatro-danza, teatro visual e de obxectos, performance, teatro xestual etc.)

    Análise e composición de personaxes, situacións dramáticas, tramas de acción. Adaptación dramática de textos non dramáticos.

    Dramaturxia I
    Dramaturxia 5 4
    +

    Escenificación I

    Principios xerais da escenificación. Estudo da concepción, desenvolvemento e evolución do espectáculo. 

    Análise da situación, do personaxe e da escena. Creación e análise do texto espectacular.

    Escenificación I
    Escenificación 6 6
    +

    Escrita dramática I

    Práctica da escrita dramática e análise da súa recepción. Composición de escenas e pezas breves a partir de diferentes xogos formais e estilísticos. Técnicas
    e metodoloxías de análise e creación do discurso e a acción verbal na
    composición de diferentes modalidades, xéneros e estilos.

    Escrita dramática I
    Prácticas de escrita dramática 3 3
    +

    Escrita dramática II

    Práctica da escrita dramática e análise da súa recepción. Composición de
    escenas e pezas breves a partir de diferentes xogos formais e
    estilísticos.

    Procedementos de escrita dramática en dramaturxias colaborativas de proceso, dentro do ámbito das teatralidades posdramáticas

    Escrita dramática II
    Prácticas de escrita dramática 3 3
    +

    Interpretación I

    Introducción á técnica actoral e estudo dos procedementos e recursos expresivos e dos procesos psicofísicos do/a actor/actriz. Introducción aos diferentes estilos e métodos en interpretación na perspectiva da dirección de escena e a dramaturxia.


    Interpretación I
    Sistemas de intepretación 5 4
    +

    Literatura dramática I

    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:arial;mso-ansi-language:="" gl;mso-fareast-language:ar-sa;mso-bidi-language:ar-sa"="">Estudo dos principais
    textos e autores relevantes da literatura dramática universal dende o Teatro
    clásico grego ata o Clasicismo francés. Atenderase ao seu contexto histórico,
    tanto desde un punto de vista sociopolítico como literario e artístico.
    Prestarase especial atención ao achegamento do alumnado aos textos teatrais,  ao seu contido, forma e xénero, cunha actitude
    crítica, creativa e analítica, tendo en conta a especificidade das competencias
    do perfil profesional do director ou dramaturgo

    Literatura dramática I
    Historia e teoría da literatura dramática 6 4
    +

    Movemento expresivo I

    Estudo dos procesos que promoven o coñecemento das posibilidades corporais;  expresivas, creativas e comunicativas na escena, desde la dirección de actores/actrices e da dramaturxia. Afondará na relevancia dos aspectos quinestésicos da escena- tanto en improvisación como en composición- no establecemento de relacións do corpo co espacio, o tempo-ritmo e a enerxía.

    Movemento expresivo I
    Movemento 2.5 3
    +

    Movemento expresivo II

    Estudo dos procesos que promoven o coñecemento das posibilidades
    corporais;  expresivas, creativas e comunicativas na escena, desde la
    dirección de actores/actrices e da dramaturxia. Afondará na relevancia
    dos aspectos quinestésicos da escena- tanto en improvisación como en
    composición- no establecemento de relacións do corpo co espacio, o
    tempo-ritmo e a enerxía.

    Movemento expresivo II
    Movemento 2.5 3
    +

    Música e canto I

    Estudo dos principios musicais (ritmo, melodía, harmonía) encamiñados á comprensión, interpretación e creación. Linguaxe Musical: iniciación aos códigos de escrita e lectura musical. Estudo da voz cantada: elementos técnicos e expresivos que interveñen.

    Música e canto I
    Música e canto 2.5 3
    +

    Música e canto II

    Estudo dos principios musicais (ritmo, melodía, harmonía) encamiñados á comprensión, interpretación e creación. Linguaxe Musical: iniciación aos códigos de escrita e lectura musical. Estudo da voz cantada: elementos técnicos e expresivos que interveñen.

    Música e canto II
    Música e canto 2.5 3
    +

    Técnica vocal e dicción







    Coñecemento anatómico e fisiolóxico do aparato fonador. Recoñecemento e conciencia vocal. Preparación vocal e adestramento. Coñecemento de todos os aspectos da técnica vocal (respiración, resoadores, articulación, emisión, etc.). A voz como instrumento creativo. Principios da comunicación verbal. Estudo da dicción: elementos técnicos e expresivos (ortofonía, prosodia, verso, etc.). A escoita. Dominio das técnicas expresivas aplicadas a diversos xéneros, estilos, formas de representación e medios audiovisuals. Uso dos diferentes parámetros vocais na dirección.

    Técnica vocal e dicción
    Voz 5 6
    +

    Teoría e análise dramática

    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:ar-sa;mso-bidi-language:ar-sa"="">Estudo
    teórico e aplicado dos conceptos instrumentais e teorías básicas  para a análise dos textos da literatura
    dramática, afondando na interpretación dos seus trazos formais, estilísticos e
    de xénero e atendendo á especificidade das competencias do perfil profesional
    do director ou dramaturgo.

    Teoría e análise dramática
    Historia e teoría da literatura dramática 5 4
    +

    Teorías do espectáculo I

    Principios teóricos e dimensión práctica da
    comunicación escénica e audiovisual no ámbito da dirección. Estudo práctico dos
    principios da linguaxe escénica e
    audiovisual. Análise práctica da creación
    escénica e audiovisual como fenómenos
    comunicativos: aspectos antropolóxicos e
    sociolóxicos. Análise práctica de espectáculos e procesos metodolóxicos da
    crítica.




    Teorías do espectáculo I
    Teorías do espectáculo e da comunicación 3 4
    +

    Teorías do espectáculo II

    Principios teóricos e dimensión práctica da
    comunicación escénica e audiovisual no ámbito da dirección. Estudo práctico dos
    principios da linguaxe escénica e
    audiovisual. Análise práctica da creación
    escénica e audiovisual como fenómenos
    comunicativos: aspectos estéticos e
    semiolóxicos. Análise práctica de espectáculos e procesos metodolóxicos da
    crítica.




    Teorías do espectáculo II
    Teorías do espectáculo e da comunicación 3 4
    TOTAL

    240
    60

    2º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Dirección de actores/actrices I






    Coñecemento das diferentes escolas e sistemas na
    dirección de intérpretes (actores e bailaríns) que forman parte dun proxecto
    espectacular. Aplicación das técnicas dos sistemas de interpretación na
    dirección de actores, tanto na escena como nos medios audiovisuais. Análise e concepción
    da situación e do personaxe. Interacción do actor no espazo e no tempo co resto
    de linguaxes escénicas. Concepción e análise do movemento escénico. Posición,
    desprazamento, ritmo e coreografía.



    Dirección de actores/actrices I
    Dirección de actores 9 10
    +

    Dirección de actores/actrices II










    Coñecemento
    das diferentes escolas e dos sistemas na dirección de intérpretes
    (actores/actrices e bailaríns/bailarinas) que forman parte dun
    proxecto espectacular. Aplicación das técnicas dos sistemas de
    interpretación na dirección de actores/actrices nos medios
    audiovisuais. Análise e concepción da situación e do personaxe.
    Interacción do/da actor/actriz no espazo e no tempo co resto de
    linguaxes escénicas.



    Dirección de actores/actrices II
    Dirección de actores 3 4
    +

    Dramaturxia II

    Revisión, actualización e adaptación dos clásicos.

    Metodoloxía e análise, documentación, adaptación e rescrita dos clásicos de cara á súa escenificación.

    Dramaturxia II
    Dramaturxia 6 4
    +

    Escenificación II

    Proxección do traballo dramatúrxico na posta en escena. Elementos de creación escénica. Principios estéticos, éticos e humanísticos de diversos métodos e escolas de escenificación: tradicións, tendencias e creadores. Metodoloxías e técnicas da dirección escénica.

    Escenificación II
    Escenificación 8 6
    +

    Escrita dramática III

     


    Práctica da escrita  de partituras vinculada ás especiificidades escénicas, preformativas e visuais na que se integran os procedementos e os coñecementos adquiridos. Experimentación na complexidade dos procesos poéticos-deductivos e da planificación dos procesos  estético-receptivos e súa adecuación á especifiicidade. Adestramento nos métodos de traballo.Valoración e crítica  do resultado e da metodología de traballo para a produción de sentido e para a construcción da recepción.

    Escrita dramática III
    Prácticas de escrita dramática 3 3
    +

    Escrita dramática IV



    Práctica da escrita  de partituras vinculada ás especificidades
    escénicas, performativas e visuais na que se integran os procedementos e os
    coñecementos adquiridos. Experimentación na complexidade dos procesos
    poéticos-deductivos e da planificación dos procesos  estético-receptivos e súa adecuación á especifiicidade.
    Adestramento nos métodos de traballo.Valoración e crítica  do resultado e da metodología de traballo
    para a produción de sentido e para a construcción da recepción.



    Escrita dramática IV
    Prácticas de escrita dramática 3 3
    +

    Historia da posta en escena

    Estudo do desenvolvemento histórico das diferentes formas do teatro e
    das outras artes do espectáculo, así coma da súa imaxe visual e as
    distintas opcións de dramatúrxicas desde as primeiras manifestacións
    escénicas ata os nosos días, abordando non só a orde cronolóxica dos
    aconteceres escénicos, senón tamén a xestación dos grandes conceptos da
    teoría e a práctica escénica coas súas concrecións no tempo e no espazo.

    Historia da posta en escena
    Historia das artes do espectáculo 5 4
    +

    Interpretación II

    Introdución á técnica actoral e estudo dos procedementos e recursos expresivos e dos procesos psicofísicos do/a actor/actriz. Introdución aos diferentes estilos e métodos en interpretación na perspectiva da dirección escénica e a dramaturxia.

    Interpretación II
    Sistemas de intepretación 2.5 3
    Interpretación III
    Sistemas de interpretación 2.5 3
    +

    Literatura dramática II

    Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento  histórico en que se crearon ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especifidade das competencias do perfil profesional do director ou dramaturgo.


     


    Literatura dramática II
    Historia e teoría da literatura dramática 3 4
    +

    Literatura dramática III



    Estudo dos principais textos e autores relevantes do período da literatura dramática universal considerado, atendendo ao momento  histórico en que se crearon ao seu contido, forma e xénero e tendo en conta a especifidade das competencias do perfil profesional do director ou dramaturgo.

    Literatura dramática III
    Historia e teoría da literatura dramática 3 4
    +

    Prácticas de escenificación

    Exploración práctica da narratividade espectacular a partir da organización dos materiais escénicos. Adecuación da elección dos elementos de significación aos obxectivos da posta en escena. Coñecemento e experimentación da complexidade do proceso creativo. Valoración e crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado.

    Prácticas de escenificación
    Prácticas de escenificación 6 4
    + Teoría e historia da arte I
    Estética 3 4
    + Teoría e historia da arte II
    Estética 3 4
    TOTAL

    60
    60

    3º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Coreografía e danza I

    Estudo teórico-práctico dos elementos básicos que conforman as diferentes técnicas da danza. Comprensión das posibilidades expresivas corporais a través da danza.Iniciación á la composición coreográfica: estudo das bases e elementos que a conforman.

    Coreografía e danza I
    Movemento 3 3
    +

    Coreografía e danza II

    Estudo teórico-práctico dos elementos básicos que conforman as
    diferentes técnicas da danza. Comprensión das posibilidades expresivas
    corporais a través da danza.Iniciación á la composición coreográfica:
    estudo das bases e elementos que a conforman.

    Coreografía e danza II
    Movemento 3 3
    +

    Espazo escénico I

    A materia de espazo escénico, pretende que o alumno de dirección de
    escena sexa consciente das competencias que debe desenvolver un
    escenógrafo e as teña en conta, para iso, elaboráronse e  aprobáronse
    unha serie de contidos básicos e progresivos.

    A
    primeira parte da materia pretende asentar coñecementos teóricos  sobre
    a historia da escenografía, espazos e terminoloxía teatral utilizada e
    coñecementos prácticos sobre a composición espacial, a linguaxe e a
    comunicación visual, que axudarán a axilizar a mente do director duna
    maneira plástica.

    Na
    segunda parte da materia, o alumno deberá aprender a comunicarse e a
    coñecer o traballo actual  realizado por un escenógrafo, para iso,
     inmiscuirase nun proceso creativo que culminará coa realización dun
    proxecto escenográfico.

    Espazo escénico I
    Escenografía 3 3
    +

    Espazo escénico II

    A materia de espazo escénico, pretende que o alumno de dirección de
    escena sexa consciente das competencias que debe desenvolver un
    escenógrafo e as teña en conta, para iso, elaboráronse e  aprobáronse
    unha serie de contidos básicos e progresivos.

    A
    primeira parte da materia pretende asentar coñecementos teóricos  sobre
    a historia da escenografía, espazos e terminoloxía teatral utilizada e
    coñecementos prácticos sobre a composición espacial, a linguaxe e a
    comunicación visual, que axudarán a axilizar a mente do director duna
    maneira plástica.

    Na
    segunda parte da materia, o alumno deberá aprender a comunicarse e a
    coñecer o traballo actual  realizado por un escenógrafo, para iso,
     inmiscuirase nun proceso creativo que culminará coa realización dun
    proxecto escenográfico.

    Espazo escénico II
    Escenografía 3 3
    +

    Espazo sonoro

    Estudo
    dos principios musicais (ritmo, melodía, harmonía, etc.) e a sua aplicación na
    escenificación. Analise dos elementos sonoros aplicados na dramaturxia e na
    escenificación. Concepto de espazo sonoro. 

    Espazo sonoro
    Música e espazo sonoro 6 4
    +

    Historia das artes do espectáculo I

    Estudo das raíces e do desenvolvemento teórico
    e estético das diferentes formas do espectáculo, principalmente teatro, danza,
    ópera e circo a través da historia e
    atendendo á especificidade das competencias do
    perfil profesional da dirección
    escénica e da dramaturxia.




    Historia das artes do espectáculo I
    Historia das artes do espectáculo 4 4
    +

    Historia das artes do espectáculo II

    Estudo das raíces e do desenvolvemento teórico
    e estético das diferentes formas do espectáculo, principalmente teatro, danza,
    ópera e circo a través da historia e
    atendendo á especificidade das competencias do
    perfil profesional da dirección
    escénica e da dramaturxia.



    Historia das artes do espectáculo II
    Historia das artes do espectáculo 4 4
    +

    Iluminación I

    Concepción e análise do espazo e do tempo escénicos e da súa significación. Introdución aos principios formais e de contido, linguaxe, e metodoloxía da iluminación.

    Iluminación I
    Escenografía 3 4
    +

    Iluminación II

    Concepción e análise do espazo e do tempo escénicos e da súa significación. Afondamento nos principios formais e de contido, linguaxe e metodoloxía da iluminación.

    Iluminación II
    Escenografía 3 4
    +

    Produción e xestión I







    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">Valoración
    do traballo en función do marco socio-laboral. Comprensión do
    line-height:150%;font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">marco
    social no que se desenvolvan a creación de proxectos de xestión ou produción.



    Produción e xestión I
    Produción e xestión 3 4
    +

    Produción e xestión II







    font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">Coñecementos
    sobre a lexislación das artes do espectáculo (normativas comerciais,
    administrativas, laborais e
    line-height:150%;font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:arial;="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"=""> de seguridade). Coñecemento do proceso de line-height:150%;font-family:" arial","sans-serif";mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="">elaboración
    dun proxecto de produción desde os puntos de vista comunicativo e económico. 



    Produción e xestión II
    Produción e xestión 3 4
    +

    Tecnoloxía escénica



    Coñecemento teórico-práctico na aplicación dos medios técnicos e tecnolóxicos nunha


    proposta escénica. Posibilidades estéticas da tecnoloxía aplicada á maquinaria e á


    imaxe escénicas.

    Tecnoloxía escénica
    Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 6 4
    TOTAL

    44
    44

    3º curso - Itinerario Dirección escénica

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Escenificación III

    Análise da escenificación nas diversas formas espectaculares, incluído o espectáculo
    audiovisual. Diferentes linguaxes e disciplinas artísticas para a creación escénica
    interdisciplinaria.

    Escenificación III
    Escenificación 6 4
    +

    Prácticas de dirección de escena I

    Integración das linguaxes, procedementos e saberes adquiridos na práctica da creación espectacular para conseguir transmitir ao/á espectadora as sensacións, emoción e o sentido da creación escénica. Análise práctica do texto dramático e/ou partitura dramática. Práctica dos procesos creativos da construción do sentido nos efectos da recepción. Experimentación do método de traballo.

    Prácticas de dirección de escena I
    Prácticas de escenificación/Dramaturxia 3 4
    +

    Prácticas de dirección de escena II

    Integración das linguaxes, procedementos e saberes adquiridos na
    práctica da creación espectacular para conseguir transmitir ao/á
    espectadora as sensacións, emoción e o sentido da creación escénica.
    Análise práctica do texto dramático e/ou partitura dramática. Práctica
    dos procesos creativos da construción do sentido nos efectos da
    recepción. Experimentación do método de traballo.

    Prácticas de dirección de escena II
    Prácticas de escenificación 7 8
    TOTAL

    16
    16

    3º curso - Itinerario Dramaturxia

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Dramaturxia III

    font-family:" arial",sans-serif;mso-fareast-font-family:"times="" new="" roman";="" mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="" lang="GL">Principios
    xerais de dramaturxia aplicados ás manifestacións escénicas non textuais e ao
    espectáculo audiovisual. Análise práctica das diversas formas de espectáculo
    non textual (teatro das imaxes, teatro obxectual, danza-teatro, presentación
    escénica, teatro visual...) e do espectáculo audiovisual. Coñecemento e análise
    práctica das dramaturxias performativas, visuais e escénicas. Análise e
    práctica da partitura dramática. Coñecemento e análise das dramaturxias do
    audiovisual. Análise e práctica do guión audiovisual. Valoración dos procesos
    creativos.

    Dramaturxia III
    Dramaturxia 5 4
    +

    Dramaturxia IV

    Principios
    xerais de dramaturxia aplicados ás manifestacións escénicas non textuais e ao
    espectáculo audiovisual. Análise práctica das diversas formas de espectáculo
    non textual (teatro das imaxes, teatro obxectual, danza-teatro, presentación
    escénica, teatro visual...) e do espectáculo audiovisual. Coñecemento e análise
    práctica das dramaturxias performativas, visuais e escénicas. Análise e
    práctica da partitura dramática. Coñecemento e análise das dramaturxias do
    audiovisual. Análise e práctica do guión audiovisual. Valoración dos procesos
    creativos.

    Dramaturxia IV
    Dramaturxia 5 3
    +

    Escrita dramática V

    Práctica
    da escrita dramática de guións audiovisuais e cinematográficos na que se
    integra os procedementos e os coñecementos adquiridos. Experimentación da
    complexidade dos procesos poético-produtivos e da planificación dos procesos
    estético-receptivos. Adestramento nos métodos de traballo. Valoración e crítica
    do resultado e da metodoloxía de traballo para a produción de sentido e para a
    construción da recepción.

    Escrita dramática V
    Prácticas de escrita dramática 3 4
    +

    Escrita dramática VI

    Práctica
    da escrita dramática de guións audiovisuais na que se
    integra os procedementos e os coñecementos adquiridos. Experimentación da
    complexidade dos procesos poético-produtivos e da planificación dos procesos
    estético-receptivos. Adestramento nos métodos de traballo. Valoración e crítica
    do resultado e da metodoloxía de traballo para a produción de sentido e para a
    construción da recepción.

    Escrita dramática VI
    Prácticas de escrita dramática 3 5
    TOTAL

    16
    16

    4º curso

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Análise de espectáculos



    Estudo de diferentes modelos para a análise dos espectáculos teatrais aplicados á dirección de escena, facendo fincapé no teatro como feito


    escénico e os seus distintos xéneros para logo atender os demais tipos de espectáculo en vivo (danza, musical, obxectos) e abordar asemade


    a técnica da análise comparativa, o ensaio crítico e a interpretación do feito escénico desde coordenadas sociais, políticas, históricas,

    económicas e culturais

    Análise de espectáculos
    Historia das artes do espectáculo 4 4
    +

    Canto coral

    Estudo dos elementos técnicos e expresivos da voz cantada.

    Canto coral
    Optativa 3 3
    +

    Deseño do personaxe I


    Introducción ao dominio das ferramentas precisas para o recoñecemento e análise dos signos que emiten o corpo, o rostro e vestiario do actor/actriz , para a súa adecuación ou mofificiación en función dos requerimentos da personaxe. 

    Deseño do personaxe I
    Deseño do personaxe 4 4
    +

    Deseño do personaxe II


    Introducción ao dominio das ferramentas precisas para o recoñecemento e analise dos signos que emite o corpo, o rostro é o vestiario de actor/actriz, para a súa adecuación ou modificación en función dos requerimentos da personaxe. 

    Deseño do personaxe II
    Deseño do personaxe 2 2
    +

    Iniciación ao teatro xestual




    Materia
    con formato de laboratorio. Tratarase de facer confluír os intereses dos
    participantes no encontro de poéticas persoais devenidas dunha reflexión
    escénica, que xurda das posíbeis relacións entre o traballo invisible de
    proxección imaxinaria da escena e o da realización física. Os obxectos de
    indagación xestuais permitirán estudar as diversas e complexas formas de
    comportamento corporal na escena.



    Iniciación ao teatro xestual
    Optativa 3 3
    +

    Introdución á investigación escénica I


    Introdución á investigación escénica I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da investigación, a materia Introdución á investigación escénica ten como finalidade o desenvolvemento das competencias básicas no eido do deseño e realización de proxectos de investigación nas diferentes disciplinas propias da arte dramática. En consecuencia o programa da materia está orientado por un lado a fornecer as técnicas, ferramentas e recursos propios da investigación científica aplicada ás ciencias sociais e ao campo da creación artística, e polo outro a considerar o sistema teatral como fonte de problemas de investigación. Finalmente o programa tamén se ocupa dos aspectos básicos a considerar na elaboración dun Traballo de Fin de Grao. 

    Introdución á investigación escénica I
    Pedagoxía 2 2
    +

    Introdución á investigación escénica II


    Introdución á investigación escénica I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da investigación, a materia Introdución á investigación escénica ten como finalidade o desenvolvemento das competencias básicas no eido do deseño e realización de proxectos de investigación nas diferentes disciplinas propias da arte dramática. En consecuencia o programa da materia está orientado por un lado a fornecer as técnicas, ferramentas e recursos propios da investigación científica aplicada ás ciencias sociais e ao campo da creación artística, e polo outro a considerar o sistema teatral como fonte de problemas de investigación. Finalmente o programa tamén se ocupa dos aspectos básicos a considerar na elaboración dun Traballo de Fin de Grao. 

    Introdución á investigación escénica II
    Pedagoxía 2 2
    +

    Pedagoxía teatral I


    Pedagoxía teatral I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da docencia, a materia Pedagoxía teatral está orientada a construír as competencias necesarias para o deseño, posta en marcha e avaliación de proxectos, programas e actividades de intervención educativa, en diferentes tempos e espazos, orientadas a usuarios e colectivos diversos, nos ámbitos formal e non-formal. Igualmente desenvólvense as competencias requiridas na intervención socioeducativa e sociocultural no eido da animación teatral. O programa busca converter ao graduado en arte dramática nun especialista da educación e da animación teatral, ofrecéndolle ao mesmo tempo ferramentas básicas no eido da investigación educativa e na xestión da calidade.   

    Pedagoxía teatral I
    Pedagoxía 3 4
    +

    Pedagoxía teatral II


    Pedagoxía teatral I e II


    En tanto o perfil do graduado en arte dramática establece que este profesional estará capacitado para o exercicio da docencia, a materia Pedagoxía teatral está orientada a construír as competencias necesarias para o deseño, posta en marcha e avaliación de proxectos, programas e actividades de intervención educativa, en diferentes tempos e espazos, orientadas a usuarios e colectivos diversos, nos ámbitos formal e non-formal. Igualmente desenvólvense as competencias requiridas na intervención socioeducativa e sociocultural no eido da animación teatral. O programa busca converter ao graduado en arte dramática nun especialista da educación e da animación teatral, ofrecéndolle ao mesmo tempo ferramentas básicas no eido da investigación educativa e na xestión da calidade.   

    Pedagoxía teatral II
    Pedagoxía 3 4
    TOTAL

    40
    38

    4º curso - Itinerario Dirección escénica

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Obradoiro de escenificación I









    font-family:Arial;mso-fareast-font-family:" times="" new="" roman";mso-bidi-font-family:="" arial;mso-ansi-language:gl;mso-fareast-language:es;mso-bidi-language:ar-sa"="" lang="GL">Práctica
    da escrita dramática e da creación espectacular, coa síntese e integración dos
    coñecementos e procedementos adquiridos. Experimentación coa complexidade do
    proceso global da creación para a construción do sentido e da recepción do
    espectáculo. Coñecemento e experimentación do método de traballo. Valoración e
    crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado.




    Obradoiro de escenificación I
    Prácticas de escenificación/Prácticas de escrita dramática 10 10
    +

    Obradoiro de escenificación II



    Práctica do proceso completo de creación espectacular, desde a concepción ata a representación, integrando os saberes e procedementos adquiridos durante a carreira. Valoración e crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado.

    Obradoiro de escenificación II
    Prácticas de escenificación 12 10
    +

    Traballo fin de estudos

    Elaboración e posterior defensa, diante dun tribunal, dun traballo de carácter escénico, coa correspondente memoria,  que permita unha demostración empírica de ter adquirido as competencias transversais, xerais e específicas da titulación e do itinerario.

    Traballo fin de estudos
    12 12
    TOTAL

    20
    22

    4º curso - Itinerario Dramaturxia

    DISCIPLINA MATERIA
    Créditos ECTS
    Horas
    +

    Obradoiro de dramaturxia I

    Práctica da
    escrita dramática e da creación espectacular, coa síntese e integración dos
    coñecementos e procedementos adquiridos. Experimentación coa complexidade do
    proceso global da creación para a construción do sentido e da recepción do
    espectáculo. Coñecemento e experimentación do método de traballo. Valoración e
    crítica do resultado obtido e do método de traballo utilizado.

    Obradoiro de dramaturxia I
    Prácticas de escrita dramática/Prácticas de escenificación 10 10
    +

    Obradoiro de dramaturxia II



    Práctica da
    escrita dramática na que se sintetizan e integran todos os coñecementos e os
    procedementos da formación para a creación dunha dramaturxia. Experimentación
    da complexidade do proceso global da creación, incluíndo a súa posta en voz
    e/ou no espazo. Experimentación práctica da creación de sentido e da
    construción dos efectos emocionais na recepción. Coñecemento e experimentación
    do método de traballo. Valoración e crítica do resultado obtido e do método de
    traballo utilizado.

     



    Obradoiro de dramaturxia II
    Prácticas de escrita dramática 12 10
    +

    Traballo fin de estudos

    Elaboración, e posterior
    defensa, diante dun tribunal, dun traballo de carácter escénico, coa
    correspondente memoria,  que permita unha
    demostración empírica de ter adquirido as competencias transversais, xerais e
    específicas da titulación e do itinerario.

    Traballo fin de estudos
    12 12
    TOTAL

    20
    22

FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS