Esta web está optimizada para os seguintes navegadores: Explorer 6, Explorer 7 e Firefox 3.0
// ESAD | Instalacións
O EDIFICIO
Noso novo edificio está situado en Navia, moi cerca do casco histórico desta parroquia de Vigo. Este edificio é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado a partir de 2012 ano en que está prevista a finalización de todo o complexo. Nesta primeira fase a ESAD conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos: - Auditorio con 125 butacas, camerinos e almacén. - Teatro ao aire libre. - 14 aulas prácticas para interpretación, dirección de escena, expresión corporal, danza, música ou expresión oral, con equipamento de son e iluminación. - Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria. - Aula de deseño por ordenador, aula de debuxo artístico. - Aulas teóricas e de seminarios. - Biblioteca e sala de estudo. - Cafetería e comedor. - Vestiarios para alumnado e profesorado. - Salas de xuntas. - Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos. - Salas para departamentos e servizos. - Servizos administrativos e de xestión. - Zoas verdes.