• inicio
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
ESAD | Instalacións
  •  
  • O EDIFICIO
  •  
  • A sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi construída coa inestimable colaboración e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
     
    A nosa sede está situada en Navia, moi cerca do casco histórico desta parroquia de Vigo. Este edificio é o primeiro dunha serie de tres que van conformar a sede definitiva da institución, e que a vai converter nun centro de referencia en todo o Estado a partir de 2012 ano en que está prevista a finalización de todo o complexo. Nesta primeira fase a ESAD conta, entre outras instalacións, cos seguintes espazos:

    - Auditorio con 125 butacas, camerinos e almacén.
    - Teatro ao aire libre.
    - 14 aulas prácticas para interpretación, dirección de escena, expresión corporal, danza, música ou expresión oral, con equipamento de son e iluminación.
    - Aulas de escenografía, caracterización e indumentaria.
    - Aula de deseño por ordenador, aula de debuxo artístico.
    - Aulas teóricas e de seminarios.
    - Biblioteca e sala de estudo.
    - Cafetería e comedor.
    - Vestiarios para alumnado e profesorado.
    - Salas de xuntas.
    - Salas para profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos.
    - Salas para departamentos e servizos.
    - Servizos administrativos e de xestión.
    - Zoas verdes.

  • Blog ESCENOGRAFÍA

    un espazo de encontro e creación

  • Blog DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA

    Achegas desde a ESAD de Galicia

  • ERASMUS

Síguenos en FacebookSíguenos en TwitterImaxes da ESAD de GaliciaVídeos da ESAD de GaliciaPodcast ESAD de GaliciaSpotify