Esta web está optimizada para os seguintes navegadores: Explorer 6, Explorer 7 e Firefox 3.0
// ESAD | Guia da escola
Guia da Escola
A Guía da ESAD de Galicia está integrada por un conxunto de documentos que establecen finalidades, funcións, estrutura, organización e pautas de funcionamento da Escola. Estes documentos son elaborados polas instancias que corresponden en cada caso, aprobados polo Consello Escolar e/ou o Claustro de Profesoras e Profesores, e validados polas autoridades educativas competentes. Os documentos son sometidos a avaliación e revisións anuais. Son:
Proxecto Educativo de Escola, na actualidade sometido a revisión en función da integración do centro no Espazo Europeo da Educación Superior.
Proxecto Curricular de Escola, na actualidade sometido a unha revisión profunda en función da integración do centro no Espazo Europeo da Educación Superior.
Regulamento de Ordenación Interna da Escola, na actualidade sometido a revisión en función da integración do centro no Espazo Europeo de Educación Superior.