• inicio
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
PROGRAMACIÓN
  • Obradoiro Teatro Clásico · Curso 2010/2011(4º Interpretación)
  • Medea 7.0.

    Mércores día 13 de abril · 17:30 h. Aula P3.
    Xoves día 14 de abril · 20:00 h. Aula P3.
    Venres día 15 de abril · 17:30 h. Aula P3.



    O que ides ver é o resultado dun proceso de traballo na materia chamada Obradoiro de Teatro Clásico Universal.

    Cando alguén se propón traballar unha traxedia grega, véñenlle á mente cousas como: como se pode dicir un texto que está escrito para que o digan uns tipos con máscara e coturnos, que está concibido para representar nun espazo ao ar libre con centos de espectadores, onde a voz falada se transforma en voz cantada constantemente, onde hai  intervencións corais, onde os referentes xeográficos e mitolóxicos son constantes e afastados do noso presente, onde... ?

    O único que sabiamos dende o principio, era que non podía ser feito nin dito dende o cotián, e a partir de aí traballamos.

    Neste proceso creativo quero agradecer persoalmente ás sete actrices e máis ao actor o seu traballo responsable,
    a súa creatividade e a súa eficacia e madurez para resolver os obstáculos dende a tranquilidade e a constancia. E sobre todo, quero destacar a súa valentía ao afrontar un proxecto destas características nun tempo “record”.

    Grazas por saber enganarme tan ben ;-)

    Núria Inglada

    -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Xasón para poder recuperar o trono de Iolcos de mans do seu tío Pelias, viaxa ao pais da Cólquide para buscar o vélaro de ouro (a pel do carnero que salvou a Frixo e Hele dos ciumes da súa madrastra Ino) en poder do rei Eetes, pai de Medea.

    Para conseguilo, Eetes obrígalle a pasar tres probas imposibles, pero Afrodita, deusa protectora de Xasón, convence ao seu fillo Eros para que namore a Medea, filla de Eetes.  Medea, experta nas artes da bruxería, axudará a Xasón, aínda traizoando ao seu pai, a superar as probas. Pero o rei da Cólquide, negase a ceder o vélaro a Xasón, Medea, entón, volve a axudalo e tras roubar o vélaro e matar ao seu irmán para adiar a persecución do seu pai, Eetes, fuxe xunto ao seu amor deixando a súa patria.

    Pelias negase a dar o reino a Xasón. Medea coas súas argucias convence ás fillas de Pelias para que o bañen nunha poción que o fará máis novo, mais,  sen sabelo, estas están a matar o seu pai. Fuxitivos outra vez, Xasón e Medea refúxianse en Corintio, onde comeza a nosa traxedia: no punto en que Xasón traizoando o amor de Medea casa coa filla do rei Creonte.
  • Cartel Medea 7.0
  • Autor do texto orixinal: Eurípides
    Tradución: Olga Nogueira e Antón Porto

    Interpretación:
    Sara Fernández Aguayo
    Brais Fernández Barral
    Noelia Castro
    Tania Galán Paseiro
    Areta  Bolado
    Susana Martínez Otero
    Begoña Míguez Mendes
    Sila Sicilia


    Dirección e dramaturxia: Núria Inglada
    Vestiario: Carlos Pinilla
    Espazo: Núria Inglada
    Iluminación: Alejandra Montemayor e Julio Cuquerella
    Deseño gráfico: David Mortol

    Agradecementos: Nuria Gullón, Ermel Morales, Cristina Domínguez, Manuel Polo, Juanca, Isa, Ruth, Alberto Marquieira e especialmente a Pura Aguayo.

  • Obradoiro Teatro Contemporáneo · Curso 2010/2011(4º Interpretación)
  • O cerdeiral

    Mércores día 13 de abril · 19:30 h. Sala Pedra Seixa.
    Xoves día 14 de abril · 17:30 h. Sala Pedra Seixa.
    Venres día 15 de abril · 19:30 h. Sala Pedra Seixa.
  • Cartel "O Cerdeiral"
  • Intérpretes
    Bea Campos
    María Caparrini
    Raquel Espada
    Fer González
    Yolanda González
    Marta Lado
    Martín Martínez
    Mariña Río
    Olga del Río
    Machi Salgado
    Javi Toste
    Jorge Varandela
    Martiña Villar

    Dirección
    Dani Salgado

  • Obradoiro Teatro Contemporáneo · Curso 2010/2011(4º Interpretación)
  • O proceso pola sombra dun burro

    Xoves 2 de xuño · 17:00 h. Sala Pedra Seixa
    Venres 3 de xuño · 17:00 h. Sala Pedra Seixa


    É unha obra de teatro radiofónico do autor suízo Friedrich Dürrenmatt e está baseada nunha fábula de Esopo. 
Nos tempos de crises os animais toman a palabra para facernos reflexionar sobre a condición humana. 
A nosa fábula é tan vella como as guerras e mantén a súa mesma triste actualidade. Nestes tempos nos que o horror asáltanos cotidianamente desde as pantallas ameazando con cortarnos a dixestión dos alimentos dos que están privados millóns de seres humanos. Agora, quizais sexa conveniente escoitar a un simple burro e tal vez o humor consiga devolvernos a lucidez necesaria para transitar por este mundo.
  • Intérpretes
    Areta González Bolado
    Begoña Migues Mendes
    Brais Fernández Barral
    Noelia Fernández Castro
    Sara Fernández Aguayo
    Sila Vidal Parga
    Susana Martínez Otero
    Tania Galán Paseiro

    Iluminación
    Julio César Cuquerella Guillén

    Adaptación, sonido e dirección
    Julián Herrero Muñoz

  • Obradoiro Teatro Clasico · Curso 2010/2011(4º Interpretación)
  • A disputa e A illa dos escravos
    de Pierre de Marivaux

    15 de xuño 2011 · 18h · Sala Pedra Seixa
    16 de xuño 2011 · 18h · Sala Pedra Seixa

  • Reparto
    MARÍA CAPARRINI                                     
    BEA CAMPOS                                          
    OLGA DEL RÍO                                       
    RAQUEL ESPADA                
    FER GONZÁLEZ
    YOLANDA GONZÁLEZ
    MARTÍN MARTÍNEZ
    MARIÑA RIO
    MACHI SALGADO
    JAVI TOSTE
    JORGE VARANDELA
    MARTIÑA VILLAR

    Voz
    Nuria Montero               

    Coreografía
    Beba Gayoso

    Vestiario
    Carlos Pinilla

    Iluminación
    Pablo Calvo

    Técnico
    Julio César Cuquerella Guillén

    Deseño cartel
    Monste Piñeiro
             
    Dramaturxia e Dirección
    Carmen Labella

  • Blog ESCENOGRAFÍA

    un espazo de encontro e creación

  • Blog DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA

    Achegas desde a ESAD de Galicia

  • Dirección escénica e Dramaturxia

  • Escenografía

  • Interpretación

  • ERASMUS

  • Máster en Artes Escénicas

Síguenos en FacebookSíguenos en TwitterImaxes da ESAD de GaliciaVídeos da ESAD de GaliciaPodcast ESAD de GaliciaSpotify