Esta web está optimizada para os seguintes navegadores: Explorer 6, Explorer 7 e Firefox 3.0
// ACTIVIDADES
Congreso Iberoamericano de Pedagoxía Teatral
Aberto o prazo de inscrición para participar no Congreso Inberoamericano de Pedagoxía Teatral e para a presentación de comunicacións, ata o día 10 de setembro. En breve colocaremos o programa de traballo do Congreso e outras informacións importantes.
O Congreso vai decorrer na ESAD de Galicia e nel van participar especialistas en educación teatral de Iberoamérica. O custo de inscrición é de 30,00 Euros. A seguir, máis abaixo, a folla de inscrición e as normas para a presentación de comunicacións.
Durante os días 15 e 16 de setembro de 2010, e no marco das celebracións do Xacobeo 2010, que promoven a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Os temas a debater no Congreso serán os seguintes:
• Os modelos de Escola presentes en Iberoamérica. • Os modelos de currículo en grao e posgrao (doutoramento). • Os perfis profesionais demandados polo tecido teatral e asumidos en cada caso por cada escola (formación inicial e permanente). • As relacións dos centros educativos co tecido produtivo (prácticas externas en empresas, investigación aplicada...). • Os procesos de creación e de investigación. Modelos e resultados. Difusión e transferencia de coñecemento • A creación de redes e liñas de traballo en rede, para promover intercambio de información, eventos, axendas e outra documentación. • O desenvolvemento de parcerías no eido da investigación. • O fomento da mobilidade e do intercambio a través de programas como PIMA ou ATLANTIS.
O profesor Daniel González Salgado é o coordinador xeral do evento. Calquera comunicación relacionada co mesmo pode dirixirse a : dani.salgado@gmail.com, ou esad.galicia@edu.xunta.es (neste caso indicando "Congreso internacional").