Esta web está optimizada para os seguintes navegadores: Explorer 6, Explorer 7 e Firefox 3.0
// ACTIVIDADES
Xa estamos en Bolonia. Novos títulos de Grao. Apúntate
A partir do próximo curso, setembro de 2010, a ESAD de Galicia pon en marcha un novo plan de estudos segundo as directrices do Espazo Europeo da Educación Superior.
Tras a publicación do BOE do Real Decreto 630/2010 que regula os estudos superiores do Grao en Arte Dramática, os nosos estudos deixan de ser equivalentes aos estudos universitarios ao estaren integrados plenamente no Espazo Europeo de Educación Superior. Os nosos estudos a partir de agora son estudos de grao, coa mesma equivalencia que os que imparten as universidades. O Decreto tamén abre as portas para que os nosos centros poidan impartir o Máster en Ensinanzas Artísticas que abre importantes perspectivas no eido da especialización. Para o próximo curso escolar a ESAD de Galicia ofrece, nas súas novas instalacións, titulos de grao en Interpretación, Dirección de Escena e Dramaturxia, e Escenografía. Segue aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso que se van celebrar en setembro.