ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




ORGANIGRAMA | Comisión de Coordinación Pedagóxica
  • CURSO 2016/2017

  •   

    EQUIPO DIRECTIVO
    Manuel Vieites García
    Roberto Pascual Rodríguez

    DEPARTAMENTOS
    Carmen Labella (Dirección escénica e dramaturxia)
    Carlos Pinilla (Escenografía)
    Carmen Abizanda (Teoría e historia das artes)
    Ángeles Gayoso (Interpretación)
    Alejandra Montemayor (Creación e produción)
    Mónica Groba (Calidade)
    Eufrasio Lucena (Mobilidade e transición)

  • Composición e normas de funcionamento
  • A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) aparece regulada no artigo 77, do Decreto 324/1996, así como na orde do 1 de agosto de 1997, normativas que establecen que a dita Comisión:

    1. Estará integrada polo Director ou Directora, que será o seu presidente, o Xefe ou Xefa de estudos, os Xefes de departamento e o Coordinador/a do equipo de normalización lingüística.
    2. Reunirase como mínimo unha vez por mes e celebrará unha sesión extraordinaria ao comezo de curso e outra ao finalizar este, coa finalidade de establecer calendario de traballo e facer as propostas oportunas en canto ao calendario escolar, aos procesos de avaliación e a revisión do proxecto curricular da Escola.
    3. A Comisión de Coordinación Pedagóxica contará cun Secretario/a, nomeado polo Director/a de entre os seus integrantes, oídos os mesmos. O secretario/a levantará acta de cada sesión que se reflectirá no correspondente Libro de Actas da CCP.
    4. Para o referente a convocatorias e actas será de aplicación o establecido no Artigo 22 do presente regulamento.

    Competencias da Comisión de Coordinación Pedagóxica
    Segundo establece o artigo 77 do Decreto 324/1996, serán as seguintes:
    1. Elevar propostas ao Claustro coa fin de establecer os criterios para a elaboración dos proxectos curriculares.
    2. Velar para que a elaboración do proxecto curricular da Escola, no que se incluirá un plan de orientación profesional e un plan de acción titorial, se realice conforme aos criterios establecidos polo Claustro.
    3. Asegurar a coherencia entre o Proxecto educativo da escola, o Proxecto curricular, as  Guías de titulación, o Plan estratéxico e o Plan xeral anual.
    4. Establecer as directrices para a elaboración das Guías docentes das materias específicas adscritas aos departamentos, así como do Plan de orientación profesional e do Plan de acción titorial.
    5. Propoñer ao Claustro de profesores o Proxecto curricular da Escola e as Guías de titulación para a súa aprobación.
    6. Velar polo cumprimento e posterior avaliación do Proxecto curricular da Escola.
    7. Propoñer ao Claustro a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e o calendario de exames ou probas ordinarias e extraordinarias, de acordo coa Xefatura de estudos.
    8. Canalizar as necesidades de formación continuada do profesorado cara ó Centro de Formación e Recursos e diante doutras instancias académicas e administrativas.
    9. Propoñer os profesores e profesoras que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.
FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS