-
Curso 2009/2010
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
Licenciouse en Ciencias de la Información (Periodismo) na Universidade Complutense de Madrid e en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia (Dramaturxia) na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (RESAD). No ano 2006 comenza a traballar como profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), onde na actualidade imparte docencia. Ten publicadas tres pezas dramáticas. As dúas primeiras son “Adictos a la luz” e “Veo, veo” –esta última foi seleccionada para formar parte do ciclo de lecturas dramatizadas da SGAE-. A derradeira, “Na outra beira”, foi publicada no ano 2009.
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
-
- Departamento de Interpretación
-
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
-
- Departamento de Música e Expresión Oral
-
-
- Departamento de Interpretación
-
Titulado Superior en Arte Dramática na especialidade de Interpretación na RESAD de Madrid. Traballou no Teatro de Cámara de Madrid en sete espectáculos profesionais baixo a dirección de Ángel Gutierrez, facendo xira por todo o territorio nacional ademáis de estar catro anos na carteleira madrileña. No 2003 e seleccionado para participar no Programa Internacional de Adestramento de Actores de Toga (Xapón), baixo a dirección de Tadashi Suzuki. No 2007 e seleccionado no Programa de adestramento de actores da SITI COMPANY en New York baixo a dirección de Anne Bogart. Participa en diversos seminarios internacionales con personalidades como Jim Slowiak e Jairo Cuesta, directores do New World Performance Laboratory,Zygmunt Molik, actor do Teatro Laboratorio de Jerzy Grotowski, Nang Gey Pin, actriz del Workcenter de Jerzy Grotowski e Thomas Richards, entre outros. Realiza os niveis I e II da Técnica Voicecraft baixo a dirección de Helen Rowson. Foi dous anos Profesor de dicción e expresión oral da ESAD de Galicia e actualmente e Profesor de Interpretación da mesma.
-
- Departamento de Música e Expresión Oral
-
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
-
- Departamento de Interpretación
-
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) e licenciada en Historia da Arte (1997) pola mesma institución. Libros publicados: GARCÍA FILGUEIRA, M.: Arte e publicidade. Os anuncios ilustrados en Vida Gallega. (1909-1938). Ediciós Do Castro, Sada (A Coruña), 2001; MARTA FILGUEIRA: FOTOGRAFÍA. Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2006; PEDRO SOLVEIRA. Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2008. Ten publicados diversos artigos en revistas científicas de Historia e Ciencias Sociais. A súa Tese Doutoral, defendida no ano 2006 é distinguida co premio de investigación da Deputación de Pontevedra, versou sobre certos aspectos da arquitectura do eclecticismo na Galicia do século XIX. Entre os anos 1999 e 2008 exerceu a súa actividade docente sucesivamente na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo. Dende setembro de 2008 é profesora de Teoría e Historia da Arte na ESAD de Galicia.
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
Titulado Superior en Arte Dramática, especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona, e Diplomado en Estudos Superiores Especializados en Artes Escénicas pola UAB. Completou a formación en Prima del Teatro-Scuola Europea per l’Arte dell’Attore, Universitat de València, UIMP e Centre Teatral Escalante. De 1987 a 1996, traballou como actor para o Centre de Teatre de Montcada, Moma Teatre e Teatre de la Bolangera, entre outros. Dende 1990 impartiu cursos e obradoiros na EMT de Montcada, no Centre Teatral Escalante e no CEFIRE de Torrent. Dende 1998 dirixiu espectáculos compañías valenciás (Argila de l’Aire, L’Altra Lliçó, Bòbila, Teatre de la Caixeta, Teatro Círculo e Corcoratge). Como dramaturgo, escriviu os textos: Fora fira, Campcantat (Premio Vila de Paterna 2002, Tàndem Edicions), So de provinença, Això tampoc no és una pip; e as dramaturxias, sobre textos de Roís de Corella, Si en lo mal temps la sirena bé canta, e de Chékhov, Ostres.
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
Docente, creadora escénica, performer, artista multimedia e intermedia. Titulada Superior en Arte Dramática, especialidade Interpretación Xestual pola RESAD (1997), Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Castilla La Mancha (2005). Certificada a súa Aptitude Pedagóxica pola Universidade de Almería (2006). Estudante de Terceiro Ciclo na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. Dende 2006 profesora do Departamento de Movemento e Danza da Esad de Galicia. De 2007 a 2009 Xefa do dito Departamento. A súa actividade investigadora, na actualidade, céntrase na transdiciplinariedade entre medios e lenguaxes artísticas.
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
-
- Departamento de Espazo Escénico
-
Licenciada en Belas Artes, na especialidade de “Deseño e Audiovisuais”, pola Universidade de Vigo. Técnico auxiliar en Deseño Gráfico, pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. No eido laboral traballou na empresa privada como deseñadora gráfica e como profesora de Debuxo, actividade que vén desenvolvendo no ensino público desde 2004. Actualmente desempeña o seu labor docente na ESAD de Galicia, centro no que ocupa o cargo de Secretaria.
-
- Departamento de Dirección de Escena
-
Nacido en Ourense en 1974. Director de escena, dramaturgo e actor. Ten o Diploma de Estudos Superiores Especializados en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona, o Título Superior en Arte Dramática (Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia) polo Institut del Teatre de Barcelona e a titulación en Interpretación do Instituto del Teatro y las Artes Escénicas de Asturias. Como director de escena, dirixiu espectáculos para o Teatre Lliure, o Centro Dramático Galego e o Teatre Malic de Barcelona. Como dramaturgo, ten estreado as súas pezas no Teatre Nacional de Catalunya (“El clavicèmbal”), onde foi dramaturgo residente, e no Teatre Lliure (“Porno”, “El desassossec”, “Warholand”). Das súas publicacións destaca o libro “A dirección de actores”. Na actualidade exerce de profesor de dirección de escena na ESAD de Galicia.
-
- Departamento de Música e Expresión Oral
-
-
- Departamento de Dirección de Escena
-
-
- Departamento de Interpretación
-
-
- Departamento de Dirección de Escena
-
Directora teatral. Titulada Superior en Arte Dramática, especialidade Dirección de Escena e Dramaturxia pola Escola Superior d’Art Dramàtic. Institut del teatre. Traballou como axudante de dirección en espectáculos no Teatre Nacional de Catalunya e Teatre Lliure (1999-2006). Interesada na creación teatral contemporánea, colaborou co grupo de investigación teatral Artslab dirixido por Chrissie Poulter (Irlanda). Actualmente segue a formación pedagóxica para ser profesora do adestramento vocal Roy Hart. O seu campo de estudo basease na conexión persoal do creador coa súa expresión artística.
-
- Departamento de Dirección de Escena
-
-
- Departamento de Interpretación
-
Titulado Superior en Arte Dramática en Interpretación Textual pola ESAD de Málaga, e inicia os estudos de Dirección de Escena e Dramaturxia en dita escola. Amplia a formación como actor e director, con mestres como Julio Fraga, José Luis Raymond ou Lluís Pascual. Afonda na Commedia dell’arte na Escuola Internazionale dell’attore Comico de Antonio Fava e amplía estes estudios da man de Claudia Contin e Ferrucio Merisi, Carlo Boso ou Christophe Marchand. Tamén estuda Mimo con Paola Rizza, Nola Rae ou Blanca del Barrio e Clown con Juan Gatto, Carlo Colombaioni, Joseph Collard ou Merche Ochoa. Na actualidade está a explorar a metodoloxía pedagóxica de Lecoq e participa no Stage “Os dous viaxes de Lecoq” no Teatre Estudis de Berty Tobias en Barcelona. Dende que comezara o seu percorrido, traballou como actor en teatro e televisión, e como cantante en Ópera e Zarzuela; alternando a escena coa docencia en varias escolas privadas de teatro e danza. Dende o ano 2008 traballa como profesor de Interpretación na ESAD de Galicia.
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
Escritora e crítica teatral, é doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago e diplomada polo Institut d’Études Théâtrales da Université Paris III – Sorbonne Nouvelle. É membro dos consellos de redacción das revistas Anuario Galego de Estudos Teatrais e Revista Galega de Teatro, nas que desenvolve un intenso labor crítico que se acrescenta ás súas publicacións periódicas en Grial, Tempos Novos e Primer Acto. Centrada esencialmente na análise da política e institucións teatrais e na configuración de sistemas teatrais emerxentes, publicou os libros Un abrente teatral (2002) e Teatro e canonización (2004). Columnista no xornal La Voz de Galicia e tradutora ao galego da obra dramática de Camus e Genet, é unha das voces máis novas da narrativa galega actual. Deuse a coñecer en 1996 coa novela Neve en abril (1996 e 2005), premiada co Premio Rúa Nova. Despois publicou Rosas, corvos e cancións (2000), Concubinas (Premio Xerais de Novela 2002), Non quero ser Doris Day (2006), New York, New York (2007) e Memoria de cidades sen luz (Premio Blanco Amor 2007, Novela do Ano da AELG 2008, Premio Arcebispo San Clemente 2008).
-
- Departamento de Interpretación
-
-
- Departamento de Espazo Escénico
-
-
- Departamento de Espazo Escénico
-
Titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Escenografía, e conta có Máster Profesionalizador de Posgrao en Deseño de Iluminación Arquitectónica pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Iniciou a súa traxectoria artística como fotógrafa, publicando para a Editorial Condé Nast. Traballou para diversas compañías como iluminadora, escenógrafa y figurinista. Na actualidade é a Xefa do Departamento de Espazo Escénico e profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e colaboradora da ETSAM (Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid) como profesora invitada. Coridixe o proxecto díasdeluz (deseño e creación de luminarias) e colabora coa compañía Imagina Teatro no deseño de espazos. Obtivo diversos premios, entre eles o Premio á Mellor Escenografía Sevilla Teatro Joven 2008. Tamén cursa na actualidade o Máster en Formación e Investigación Literaria e Teatral no Contexto Europeo, impartido pola Facultade de Filoloxía da UNED.
-
- Departamento de Música e Expresión Oral
-
Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid e profesora de Técnica vocal e expresión oral na ESAD de Galicia desde o ano 2007. Como actriz traballou nas compañías Trasatlantic Theatre Group, Vagalume Teatro, Factoría Teatro, Disque Danza, Compañía do Teatro Español de Madrid... Como profesora especialista de voz traballou en diferentes escolas de teatro e dobraxe en Madrid e en Galicia. Compaxina a interpretación e a docencia con asesorías de voz e axudantías de dirección en montaxes de diferentes compañías.
-
- Departamento de Interpretación
-
-
- Departamento de Dirección de Escena
-
-
- Departamento de Espazo Escénico
-
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
Licenciado en Filoloxía Galega, posgraduado en Arte Dramática e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte da Aula de Teatro da USC e participou en diversos espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro. Traballou no Instituto Cervantes e na Universidade Complutense de Madrid. Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Forma parte dos consellos de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista Madrygal. Dirixe a colección Abrente de Textos Teatrais da editorial Difusora e ten publicados diversos ensaios sobre as artes escénicas en libros e revistas como: Grial, Primer Acto, ADE Teatro, Tempos Novos, Galicia 21 (Bangor University), Casahamlet, Artez, Lucero (University of California, Berkeley), Revista de Estudios Humanísticos (Universidad de León) etc. Coordina o Plan de Formación Permanente dos profesionais das Artes Escénicas de Galicia (AGADIC) e o Campus Internacional de Verán das Artes Escénicas da ESAD de Galicia.
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
Licenciado en Filosofía. Diploma de Estudos Avanzados (DEA) pola UNED. Profesor da ESAD de Galicia, no departamento de Teoría e Historia do Teatro. TEATRO: Actividade profesional ininterrumpida como actor e director desde o ano 1.987. Ültimo traballo como actor O burgués fidalgo (2006), de Molière dirixida por Celso Parada. Último traballo como director Lume (2009) para Babaluva (títeres). Actor en 15 LONGAMETRAXES desde o ano 1990. Últimos traballos: Os mortos van a présa (2008) de A. de la Cruz; Los girasoles ciegos de J.L. Cuerda (2008); La Herencia Valdemar de J.L. Alemán (2008): Actor en 8 TV MOVIES. Últimos traballos Adolfo Suárez (2009) de Sergio Cabrera e Voltar a casa (2009) de Breogán Ribeiro. TELEVISION: Personaxe fixo en “Rías Baixas”. Episódicos en 14 series diferentes da TVG, Telecinco e Antena3.: Actor de DOBRAXE entre os anos 1988 e 1995. NARRADOR ORAL. Como INVESTIGADOR a súa liña de traballo está centrada actualmente na Socioloxía do Teatro.
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
É doutorando en Ciencias del Espectáculo pola Universidade Carlos III de Madrid. Realiza o seu Máster in Movement Studies na Central School of Speech and Drama, Londres (2006-2007) grazas a unha beca de excelencia. Licenciado en Interpretación Gestual pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid(1999-2003). Especialízase no teatro polaco e francés dentro do programa European Theatre Arts en Rose Bruford College, Londres (2001-2002). Completa os seus estudos de mimo corporal cos derradeiros asistentes de Etienne Decroux na Ecole de Corporel Dramatique de L’Ange Fou, Londres (2004-2005). Desenvolve a súa labor como creador de teatro físico traballando en Londres con compañías internacionais como Zecora Ura e en España fai máis de 12 montaxes co O Gato Negro coa cal recibe o prestixioso Premio a los Jóvenes Creadores Comunidad de Madrid (2003). Alfonso ten impartido cursos de Movemento e Teatro Físico en universidades europeas como Central School of Speech and Drama (Londres), The Academy of the Science of Acting and Directing (Londres), Rose Bruford College (London), Babes-Bolyai University, Cluj-Napoca (Rumania).
-
- Departamento de Literatura Dramática e Dramaturxia
-
-
- Departamento de Música e Expresión Oral
-
-
- Departamento de Movemento Expresivo
-
-
- Departamento de Teoría e Historia do Teatro
-
Manuel F. Vieites (Vigo de Lorbé, 1956). Licenciado en Filoloxía, Doutor en Ciencias da educación e catedrático de ensino secundario, ten destino no Instituto Politécnico de Vigo, centro do que foi secretario e director, impulsando diversos programas europeos como Petra, Leonardo, Comenius, Horizon e Youthstart. Como actor, animador e director participou en proxectos de teatro escolar, comunitario e independente, sumando máis dunha ducia de espectáculos con máis de 300 funcións. Ten traducido e publicado ensaios e traballos nos eidos da teoría e a historia do teatro, a literatura dramática, a pedagoxía teatral e as políticas culturais e teatrais. Colaborador habitual do Faro da Cultura, é subdirector da Revista ADE/Teatro e coordina a Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia.