• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// PROBAS DE ACCESO | Documentación e Inscrición
  • Documentación e inscrición
  •  
  •  
  • ACCESO ÁS PROBAS
    Existen dúas modalidades para realizar as probas de acceso aos estudos superiores de Arte dramática:

    1. ACCESO DIRECTO ÁS PROBAS.
    Requisitos
    - Estar en posesión do título de Bacharel ou superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    - Os alumnos que estean cursando segundo de bacharelato e teñan materias pendentes para setembro, poderán realizar as probas; reservaráselles a nota das probas ata o primeiro día de matrícula.
    Estes aspirantes realizarán os dous exercicios das probas de acceso, segundo consta  no arquivo de Exercicios.

    Documentación necesaria
    - Fotocopia do D.N.I.
    - Certificado do BAC (ou documentación que amose que se está matriculado en segundo e pendente de exames de setembro, de ser o caso).
    - Dúas fotografías de carnet.
    - Folla de pagamento de tasas (poderá recollerse na ESAD de Galicia (se non é posible é o mesmo formulario que se emprega para a matrícula en conservatorios de música e escolas de idiomas).
    A tasa de pagamento é de 60 € e o código da delegación 41.
    - En caso de ter desconto por familia numerosa, fotocopia da folla correspondente do Libro de Familia.
    - Formulario de inscrición (pode descargarse na Secretaría Virtual da páxina web).
    - Ficha de realización das probas de acceso (pode decargarse na Secretaría Virtual da páxina web).

    O interesado presentará copia e orixinais ou copia compulsada da documentación solicitada.


    Inscrición
    Do 20 de maio ao 30 de xuño.

    2. ACCESO MEDIANTE PROCESO DE ACREDITACIÓN PROFESIONAL.
    Requisitos
    - Ter vinte anos cumpridos.
    - Ter unha experiencia profesional demostrada e contrastable.
    - Participar no proceso de acreditación da experiencia profesional.

    Documentación necesaria
    - ...

    Proceso de acreditación da experiencia profesional
    1. Entre os días 8 de marzo e 9 de abril os aspirantes deberán presentar na Secretaría da ESAD unha memoria xustificativa que incluirá, en todos os casos, a seguinte documentación, aportando nos casos en que sexa necesaria unha certificación oficial de ter realizado as actividades alegadas, emitida pola institución ou entidade competente:

    - Actividades de formación realizadas e alegadas, cunha valoración en profundidade de cada unha delas.
    - Actividades de formación impartidas e alegadas, indicando os aspectos teóricos, metodolóxicos e prácticos de cada unha delas e unha valoración en profundidade das mesmas.
    - Espectáculos escénicos en que participou o aspirante e que presenta, ao que acompañará unha memoria explicativa de cada un deles indicando o elenco e o equipo artístico, o número de funcións realizadas e un comentario amplo sobre o texto dramático e o seu autor, así como unha valoración do traballo do director ou directora e da orientación estética do espectáculo, ou do seu propio traballo se o aspirante fose o director ou directora. Tamén se incluirá unha valoración xeral de cada espectáculo e da contribución ao mesmo do aspirante.
    - Compañías coas que traballou o aspirante, analizando os trazos máis significativos de cada unha delas, os seus traballos máis relevantes e a influencia que cada compañía tivo na formación do aspirante, así como a contribución do aspirante ao traballo de cada compañía.Valoración global da actividade realizada e consideración dos aspectos máis relevantes da mesma.

    2. A memoria debe entregarse por triplicado, debidamente presentada.

    3. Igualmente os aspirantes deberán cumprimentar o impreso oficial que poden encontrar na páxina web da ESAD na sección Secretaría Virtual e facer o pagamento das taxas correspondentes segundo o modelo que se pode recoller na Secretaría da ESAD de Galicia ou en calquera Delegación Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    4. O Tribunal Único para as probas de acceso, cualificará a documentación presentada e manterá entrevistas cos aspirantes, que serán convocados mediante calendario de comparecencias que se fará público unha semana despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes.

    5. A entrevista con cada aspirante terá como finalidade e a valoración e a avaliación, integral e obxectiva, tanto da súa madureza intelectual, como da súa experiencia e da súa formación no eido das artes escénicas e nos da especialidade e opción á que opta. Os integrantes do tribunal poderán facer cantas preguntas estimen oportunas en relación cos contidos obrigatorios da memoria que se establecen.

    Unha vez avaliada positivamente esta fase, as persoas aspirantes realizarán unicamente o segundo dos exercicios, descrito na sección exercicios. As persoas aspirantes que superen a proba de acreditación profesional xa se atopan inscritos para a realización do segundo exercicio  das probas de acceso. A certificación de avaliación positiva do proceso de acreditación profesional poderá recollerse na Secretaría da ESAD.






  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas