• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// PROBAS DE ACCESO | Estrutura e Exercicios
  • ESTRUTURA XERAL DAS PROBAS E EXERCICIOS
  •  
  •  
  • As probas de acceso consistirán en dous exercicios:
    O primeiro exercicio será común a todas as especialidades e do mesmo quedarán exentos aqueles aspirantes que superasen o proceso de acreditación da experiencia profesional.
    O segundo exercicio referirase á especialidade pola que opte cada aspirante, e deberá ser realizado por todos as persoas aspirantes, con independencia da titulación alegada para a inscrición nas probas.

    Primeiro exercicio
    O primeiro exercicio consistirá nunha proba escrita, na que as persoas aspirantes deberán realizar un test de cultura teatral básica e a análise dun fragmento dunha obra dramática. Este exercicio ten carácter eliminatorio e só poderán realizar o segundo exercicio as persoas aspirantes que obteñan unha cualificación de 5 puntos ou superior a 5 en cada unha das probas.
    Os textos de lectura para a convocatoria do curso 2010-2011 son os seguintes:

    Os cárceres do esquenzo, de
    Inma Souto (edicións Xerais de Galicia).
    Psicose 4:48, de
    Sarah Kane (Galaxia, obra completa).
    Caligula, de
    Albert Camus (Galaxia).
    O incerto señor Don Hamlet, de
    Álvaro Cunqueiro (Galaxia).
    Hamlet, de
    William Shakespeare (Galaxia).
    Ernest, de
    Oscar Wilde (Universidade da Coruña).

    Segundo exercicio
    O segundo exercicio estará referido á especialidade pola que se opta. Terá carácter teórico e práctico. Este exercicio cualifícase entre 0 e 10 puntos, sendo precisa para a súa superación unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.

    A > ESPECIALIDADE DE ESCENOGRAFÍA
    Proba 1.- Debuxo:
    1.1. Debuxo do natural a carbón a partir dun elemento proposto polo Tribunal. As persoas aspirantes deberán traer o material necesario: un formato de 70x100 axeitado para esta técnica, carbóns dos grosores que consideren, difuminadotes, etc..
    1.2. Debuxo do natural en técnica libre. As persoas aspirantes deberán traer o material necesario: un formato de 70x100 axeitado para a técnica que elixan e os materiais específicos para desenvolvela (acuarelas, acrílicos, pastel, rotuladores…).

    Proba 2.- Proxecto escenográfico:
    2.1. Bosquexo de atmosfera con técnica libre e en formato A3 a partir dun texto que lles será entregado.
    2.2. Realización de dous figurinos en técnica libre e formato A4.
    2.3. As persoas aspirantes teñen a posibilidade de explicar e concretar por escrito os seus bosquexos e incluír as súas ideas sobre iluminación.
    2.4. As persoas aspirantes deberán traer o material necesario.

    Proba 3.- Comentario teórico por escrito dun fragmento seleccionado dalgunha destas obras:
    Teatro occidental. Unha historia teatral desde a escenografía, de
    Anne Surgers (Galaxia).
    A fábrica do teatro, de
    Michel Pruner (Galaxia).

    Proba 4.- Entrevista persoal
    Que decorrerá logo da lectura pública da proba 3 e do comentario das probas 1 e 2.

    B > ESPECIALIDADE DE DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA
    (Opción Dirección de Escena)
    Proba 1.- Elaboración por escrito dunha proposta de escenificación a partir dun fragmento seleccionado entre os textos dramáticos de lectura obrigatoria.

    Proba 2.- Realización por escrito dun comentario dun texto teórico seleccionado dalgunha das obras propostas polo Tribunal. As obras para a convocatoria 2010-2011 son as seguintes:

    - A dirección de actores, de
    Daniel Salgado (Galaxia).
    - Teoría e práctica da interpretación, de
    Alison Hodge (Galaxia).

    Proba 3.- Entrevista persoal, que decorrerá despois da lectura pública das probas 1 e 2.

    Proba 4.- Dirección de actores nunha situación dramática deseñada polo aspirante e dunha duración máxima de 5 minutos. O traballo de interpretación será realizado polos demais aspirantes, que seguirán, por quendas, as indicacións de cada persoa aspirante. Este traballo de interpretación será valorado polo Tribunal para considerar as actitudes e as aptitudes das persoas participantes en relación coa interpretación, co cumprimento de tarefas e co traballo en grupo.

    (Opción Dramaturxia)
    Proba 1.- Desenvolvemento por escrito dunha escena a partir dunha situación dramática proposta polo Tribunal.

    Proba 2.- Comentario crítico sobre un fragmento seleccionado dalgunha das obras propostas polo Tribunal. As obras para a convocatoria 2010-2011 son as seguintes:

    - Dramaturxia. Teoría e práctica, de
    Afonso Becerra (Galaxia).
    - Interpretación e análise de textos dramáticos, de
    Manuel F. Vieites (Galaxia).

    Proba 3.- Entrevista persoal, que decorrerá na lectura publica das probas 1 e 2.


    C> ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN
    (Opción Interpretación Textual)
    Proba 1.- Participación nunha sesión de traballo en grupos de vinte aspirantes. As persoas aspirantes deberán vestir roupa adecuada para o traballo físico.

    Proba 2.- Aptitudes interpretativas. Os aspirantes deberán presentar tres traballos:
    2.1. Dous traballos de interpretación a partir dos textos que se propoñen máis abaixo no anexo de textos.
    2.2. Un traballo de interpretación a partir dun texto elixido pola persoa aspirante e que non excederá 20 liñas.

    Proba 3.- Aptitudes interpretativas. As persoas aspirantes realizarán dous traballos:
    3.1. Lectura dun texto proposto polo Tribunal.
    3.2. Interpretación dunha canción elixida libremente, podendo acompañarse dun instrumento musical.

    Proba 4.- Entrevista persoal, que decorrerá unha vez realizadas as probas 1, 2 e 3.





  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas