• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// PROBAS DE ACCESO | Convocatoria actual
  • CONVOCATORIA NORMATIVA
  •  
  •  
  • Para cursar Estudos Superiores de Arte Dramática as persoas aspirantes deben superar as correspondentes probas de acceso, que se celebran durante o mes de setembro. A normativa establece que para poder acceder á realización das probas as persoas aspirantes deben:

    - Estar en posesión do Título de Bacharel ou equivalente.

    - Posuír unha experiencia profesional contrastada (tendo os 20 anos cumpridos) e superar un proceso de acreditación da súa competencia profesioal alegada.

    A normativa relativa aos procesos e procedementos para realizar as probas de acceso aos Estudos Superiores de Arte Dramática, aparece recollida no Decreto 220/2005, do 7 de xullo, polo que se establece o currículo das ensinanzas e se regula a proba de acceso aos ditos estudos, publicado no Diario Oficial de Galicia do luns 8 de agosto de 2005. O título III do dito decreto e os seus capítulo I, II, III e IV, recolle toda a regulamentación a respecto da finalidade e desenvolvemento das probas.

    Entre os aspectos de carácter xeral máis importantes cómpre salientar os seguintes:

    - Estudos previos realizados polas persoas aspirantes.
    - As probas de acceso aos Estudos Superiores de Arte Dramática teñen como finalidade avaliar os coñecementos, destrezas, capacidades, habilidades, motivación e maduración intelectual das persoas aspirantes
    para cursar estes estudos con aproveitamento.
    - As probas de acceso realizaranse nunha única convocatoria anual que terá lugar no mes de setembro, cun calendario que xa se pode consultar nesta páxina.
    - As persoas aspirantes contarán cun máximo de tres convocatorias para superalas.
    - Para os efectos do cómputo das tres convocatorias, non se terán en conta aqueles casos en que as persoas aspirantes obteñan unha cualificación igual ou superior a cinco e aos que non se lles asigne praza, por ser menor a oferta que a demanda.




    • CONVOCATORIA ACCESO AS PROBAS
    •  
    •  
    • PROBAS DE ACCESO 2010-2011

      PROCESO DE ACREDITACIÓN DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

       

      O Decreto 220/2005, polo que se regula o currículo dos estudos superiores de Arte dramática na Comunidade Autónoma de Galicia, e a proba de acceso aos ditos estudos,  establece que poderán acceder ás probas de acceso aqueles persoas que tendo vinte anos cumpridos, e contando cunha experiencia profesional demostrada e contrastable, superen un proceso de acreditación profesional que mostre a súa madurez para cursar con aproveitamento os estudos.

       

      En consecuencia coa lexislación vixente, a ESAD de Galicia convoca probas de acreditación profesional para acceder ás probas de acceso para o curso escolar 2010-2011, atendendo ao seguinte calendario:

       

      • Do 8 de marzo ao 9 de abril: inscrición.
      • Do 12 ao 16 de abril: listaxes, reclamacións e listaxes definitivas.
      • Do 19 ao 23 de abril: defensa da memoria ante o Tribunal.
      • Do 26 ao 30 de abril: resultados, reclamacións e resultados definitivos.




  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas