ACSUG: Informe de seguimento



Horario da Biblioteca


Instalacións, aulas e recursos


Plan de autoprotección




PROBAS DE ACCESO | Normativa
  • NORMATIVA
  •  
  • NORMATIVA VIXENTE

    1. Os estudos superiores en Arte Dramática están regulados polo Real Decreto 21/2015, de 23 de xaneiro, que establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores (BOE do 7 de febreiro de 2015), polo Real Decreto 630/2010, que regula os contidos básicos do Título Superior en Arte Dramática (BOE do 5 de xuño de 2010), e polo Decreto 179/3015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudo das ensinanzas artísticas superiores en Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 7 de decembro de 2015). A proba de acceso está regulada pola Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 11 de outubro de 2010)


    REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

    2. Segundo establece a Orde de 30 de setembro de 2010, Para cursar estudos do Grao en Arte dramática, nas súas especialidades de Interpretación, Dirección Escénica e Dramaturxia, ou Escenografía, as persoas aspirantes deberán realizar unha proba específica de acceso. Poderán solicitar a inscrición nesa proba as persoas que estean en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

    3. Tamén poderán solicitar a inscrición nas probas de acceso as persoas que, tendo dezanove anos cumpridos no ano de realización das probas, superen a proba a que se refire o artigo 54 da lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio. Esta proba ten como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento as ensinanzas.Os aspirantes deberán acreditar os seus coñecementos e madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato.Esta proba versará sobre as materias comúns do bacharelato.


    CONVOCATORIAS E INSCRICIÓNS

    4. A proba a que se refire o apartado 3 será convocada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa coa antelación suficiente respecto da data de celebración da proba específica que se contempla no apartado 2.

    5. A proba específica de acceso ao Grao en Arte Dramática será convocada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

    6. Unha vez realizada a convocatoria pola Dirección Xeral, a ESAD de Galicia fará pública toda a normativa aplicable.

  • ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

  • ORDE do 30 de setembro de 2010
  • Resolución acceso grao en arte dramática
  • Resolución proba maiores de 19 anos




FACEBOOK TWITTER IVOOX PINTEREST LINKEDIN FLICKR CONTACTO
  • Escenografía

  • Dirección escénica e dramaturxia

  • Interpretación

  • ERASMUS