• INICIO
  • CÓMO CHEGAR
  • CONTACTO
  • ENLACES
  • LEXISLACIÓN
  • SECRETARÍA VIRTUAL
// Sala Pedra Seixa
  • SALA PEDRA SEIXA
  • Moi cerca do espazo que ocupa a actual sede da ESAD de Galicia, existía tempo atrás unha "pedra seixa", un deses seixos enormes que son tan característicos da nosa xeoloxía. Así se veu coñecendo o lugar desde que as xentes que aquí habitaron en tempos xa esquecidos decidiron darlle nome aos lugares que conformaban o seu espazo vital. O que nos queda daquelas xentes é esa denominación que recuperamos para que a súa memoria siga viva coas palabras coas que nomearon o seu mundo, que agora é o noso, e que debemos manter vivo na nosa memoria e na memoría dos que veñan despois que nós.

    A Sala Pedra Seixa é unha sala de teatro que abre as súas portas a todo tipo de eventos escénicos e musicais, pero tamén a moitas outras actividades como semianarios, encontros, congresos ou presentacións. Ao longo deste primeiro ano, 2010, iniciaremos a programación de actividades coa finalidade de ir conformando unha programación estable, aberta a toda a veciñanza de Vigo e da súa comarca, e co obxectivo inmediato de converter este novo espazo nun marco de dinamización e nun centro de referencia no campo das artes escénicas e na promoción e a difusión cultural. 

    Ao longo dos meses por vir iremos ofrecendo información verbo das diversas programacións que vaiamos realizando. Non deixen de visitar esta páxina porque en breve comezaremos a programación deste seu teatro, a SALA PEDRA SEIXA.   

  • Dirección de Escena

  • Escenografía

  • Dramaturxia

  • Máster en Artes Escénicas