OFERTA FORMATIVA

Dirección escénica e dramaturxia

Ensinanzas superiores

Dirección escénica e dramaturxia

 

A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia equivale á titulación de Grao Universitario. Si quieres estudiar dirección escénica e dramaturxia, esta carrera está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:

 

  •  Concibir propostas escénicas que fundamentan o espectáculo, xerando e analizando conceptos, textos e imaxes. Valorar as súas propiedades representativas e a súa calidade estética.
  • Proxectar a composición do espectáculo. Utilizar todos os coñecementos estéticos e técnicos necesarios sobre as diversas linguaxes que participan na representación.
  • Planificar e conducir o proceso xeral de creación do espectáculo, aplicando a metodoloxía de traballo pertinente.
  • Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
  • Investigar para concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire á metodoloxía de traballo canto á renovación estética.
  • Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos da investigación escénica.

O Plan de Estudos da Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia aparece recollido no Decreto 179/2015 (DOG do 7 de decembro de 2015), e o seu desenvolvemento reflíctese nas programacións docentes de cada unha das materias que o integran, segundo se presenta na correspondente táboa.

 

1º Curso  – Dirección escénica e dramaturxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Composición escénica I Prácticas de escenificación 3 3 PDF
Composición escénica II Prácticas de escenificación 3 3 PDF
Dramaturxia I Dramaturxia 5 4 PDF
Escenificación I Escenificación 6 6 PDF
Escrita dramática I Prácticas de escrita dramática 3 3 PDF
Escrita dramática II Prácticas de escrita dramática 3 3 PDF
Interpretación I Sistemas de interpretación 5 4 PDF
Literatura dramática I Historia e teoría da literatura dramática 6 4 PDF
Movemento expresivo I Movemento 2.5 3 PDF
Movemento expresivo II Movemento 2.5 3 PDF
Música e canto I Música e canto 2.5 3 PDF
Música e canto II Música e canto 2.5 3 PDF
Técnica vocal e dicción Voz 5 6 PDF
Teoría e análise dramática Historia e teoría da literatura dramática 5 4 PDF
Teorías do espectáculo I Teorías do espectáculo e da comunicación 3 4 PDF
Teorías do espectáculo II Teorías do espectáculo e da comunicación 3 4 PDF
TOTAL 60 60

 

2º Curso – Dirección escénica e dramaturxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Escenificación II Escenificación 8 6 PDF
Interpretación II Sistemas de interpretación 2.5 3 PDF
Interpretación III Sistemas de interpretación 2.5 3 PDF
Prácticas de escenificación Prácticas de escenificación 6 4 PDF
Escrita dramática III Prácticas de escrita dramática 3 3 PDF
Escrita dramática IV Prácticas de escrita dramática 3 3 PDF
Historia da posta en escena Historia das artes do espectáculo 5 4 PDF
Literatura dramática II Historia e teoría da literatura dramática 3 4 PDF
Literatura dramática III Historia e teoría da literatura dramática 3 4 PDF
Teoría e historia da arte I Historia e teoría da literatura dramática 3 4

PDF

Teoría e historia da arte II Historia e teoría da literatura dramática 3 4 PDF
Dirección de actores/actrices I Dirección de actores/actrices 9 10 PDF
Dirección de actores/actrices II Dirección de actores/actrices 3 4 PDF
Dramaturxia II Dramaturxia 6 4 PDF
TOTAL 60 60

 

3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Espazo escénico I Escenografía 3 3 PDF
Espazo escénico II Escenografía 3 3 PDF
Espazo sonoro Música e espazo sonoro 6 4 PDF
Tecnoloxía escénica Tecnoloxía aplicada ás artes do espectáculo 6 4 PDF
Historia das artes do espectáculo I Historia das artes do espectáculo 4 4 PDF
Historia das artes do espectáculo II Historia das artes do espectáculo 4 4 PDF
Iluminación I Escenografía 3 4 PDF
Iluminación II Escenografía 3 4 PDF
Produción e xestión I Produción e xestión 3 4 PDF
Produción e xestión II Produción e xestión 3 4 PDF
Coreografía e danza I Movemento 3 3 PDF
Coreografía e danza II Movemento 3 3 PDF
TOTAL (materias comúns) 44 44

 

3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dirección escénica

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Escenificación III Escenificación 6 4 PDF
Prácticas de dirección de escena I Prácticas de escenificación dramatúrxia 1 2 PDF
Dramaturxia 2 PDF
Prácticas de dirección de escena II Prácticas de escenificación 7 8 PDF
TOTAL 16 16

 

3º Curso – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dramaturxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Escrita dramática V Prácticas de escrita dramática 3 4 PDF
Escrita dramática VI Prácticas de escrita dramática 3 5 PDF
Dramaturxia III Dramaturxia 5 4 PDF
Dramaturxia IV Dramaturxia 5 3 PDF
TOTAL 16 16

 

4º Curso – Dirección escénica e dramaturxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Deseño do personaxe I Deseño do personaxe 4 4 PDF
Deseño do personaxe II Deseño do personaxe 2 2 PDF
Pedagoxía teatral I Pedagoxía 3 4 PDF
Pedagoxía teatral II Pedagoxía 3 4 PDF
Introdución á investigación escénica I Pedagoxía 2 2 PDF
Introdución á investigación escénica II Pedagoxía 2 2 PDF
Análise de espectáculos Historia das artes do espectáculo 4 4 PDF
Dirección de proxectos escénicos Optativa 3 3 PDF
Deseño de espectáculos multidisciplinares Optativa 3 3 PDF
TOTAL 26 28

 

4º Curso  – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dirección escénica

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Obradoiro de escenificación I Prácticas de escenificación
Prácticas de escrita dramática
5
5
10 PDF
Obradoiro de escenificación II Prácticas de escenificación 12 10 PDF
Traballo fin de estudos 12 12 PDF
TOTAL 34 32

 

4º Curso  – Dirección escénica e dramaturxia | Itinerario dramatúrxia

DISCIPLINA MATERIA CRÉDITOS ECTS HORAS
Obradoiro de dramaturxia I Prácticas de escrita dramática
Prácticas de escenificación
5
5
10 PDF
Obradoiro de dramaturxia II Prácticas de escrita dramática 12 10 PDF
Traballo fin de estudos 12 12 PDF
TOTAL 34 32
  • Creación e/ou dirección de espectáculos en todas as artes escénicas: teatro, danza, ópera, circo, ballet, presentacións e accións escénicas.
  • Creación e/ou dirección no audiovisual: cine, radio, televisión, vídeo, publicidade e outros medios.
  • Creación e adaptación de textos e outros materiais para a creación escénica, audiovisual e de animación.
  • Dirección e asesoría en repertorios, selección de persoal e programación escénica; dirección de teatros e auditorios.
  • Dirección e asesoría en proxectos de ocio e entretemento. Produción e xestión teatral e/ou audiovisual.
  • Docencia teatral e investigación no eido das artes escénicas.

O perfil profesional definido na especialidade de dirección escénica e dramaturxia corresponde ao dun/dunha artista que contempla no seu conxunto o proceso de creación teatral e comprende, utiliza, coordina e xestiona as diversas linguaxes que participan na creación dun espectáculo.

Desenvolve un proxecto artístico persoal ao mesmo tempo que, coa posible colaboración dos/das artistas e especialistas, harmoniza e dispón os diferentes elementos da creación escénica nun espazo e nun tempo determinados, tratando de suscitar no/na espectador/a emocións, sensacións e ideas a través da palabra e a imaxe.

Este/a profesional estará capacitado/a para o exercicio da investigación e da docencia.

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece as ensinanzas oficiais de Arte Dramática reguladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e no Real Decreto 630/2010, que conducen á obtención dunha Títulación Superior en Arte Dramática, equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao.

Na Comunidade Autónoma de Galicia as ensinanzas están reguladas polo Decreto 179/2015 (Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro de 2015) e pola Orde do 21 de novembro de 2016 (DOG do 1 de decembro de 2016).